jueves, 28 de marzo de 2013

As "bruxas" de Beade(O Ribeiro) e Filgueira(Crecente).

O 24 de agosto de 1575 coas arcas públicas(a facenda real) nunha segunda quebra a pesares das riquezas arrapiñadas de América, celebrouse un auto de fe pola Inquisición en Compostela.

Entre os condeados ían dúas labregas da Encomenda de Beade, Catalina Estévez e Dominga da Serra, en pleno ano de fame e crise económica do imperio español a Inquisición necesitaba encher as súas arcas.

Según os arquivos, estas mulleres, eran eficacísimas invocadoras de demos e tiñan superpoderes grazas a pautos feitos con eles, non se sabe da súa sorte; se foron queimados por seren os primeiros galegos acusados de feiticería ou se só lles embargaron os bens con vergonza pública duns azotes e o escarnio de ver o seu nome nun cartel colgado na igrexa.

O caso da "bruxa" de Filgueira(Crecente, Pontevedra) sucedeu en 1609. Tras pasar por Filgueira o inquisidor foi acusada de ser feiticeira unha vella do lugar, Ana Rodríguez, que tras reunir contra ela varias testemuñas e ser torturada foi condeada a saír en auto de fe na catderal de Compostela diante de todos na misa maior con insignias de bruxa(o sambenito) onde se lle leu sentenza e foi paseada polas rúas semiespida recibindo cen azotes ao memso tempo que o pregoneiro o proclamaba aos veciños, despois foi desterrada de Compostela e Filgueira por tres anos.

As únicas faltas serían as de ser timadoras relixiosas, xa que usando de certas herbas e rituais inventados procuraban sanar á xente que lles ía pola porta cunha pouca superstición.

miércoles, 27 de marzo de 2013

O Vudú.

O vudú é unha relixión animista cunha variante teísta, orixinaria do golfo de Benín(ó longo dunha zona que se extende desde Ghanaata Nixeria e Togo) e que se extendeu ao Caribe a través da trata de escravos dos imperios europeos a partir do século XVI.

Historia
Concretamente o vudú desenrolouse en Dahomey(actual Benín), nesta rexión atopábase o vudú orixinalmente entre os fon, os ioruba e os ewe; estas etnias están organizadas a través da etnia, o poboado, a familia e o liñaxe. Cada un deste grupos posee seus propios"vodu" o "vodum", divindades ancestrais e tutelares. O culto ós mortos(chamado egun gun) permite reunir ás familias e etnias e asegura a continuidade do culto.

As cerimonia steñen lugar en santuarios, nelas báilase a ritmo dos tambores e ofrécense sacrificios animais(bois,cordeiros ou galiñas) ó vodum pra conseguir seus favores. Os sacerdotes, voduno ou huno, encárganse d eguiar ós fieis nas relacións cos deuses interpretando seus mensaxes; as divindades interveñen no curso das cerimonias a través do corpo dos fieis, case sempre no corpo dos iniciados(ou hunso) cando un individuo entra en trance dise que se convirte no "cabalo" dun "espíritu".

Nembargantes as relacións entre os diferentes grupos étnicos do golfo de Benín estiveron marcadas por tensiósn, antagonismos e batallas puntuais que incidiron na vida relixiosa. así,a principios do século XVIII, a familia real da cidade de Abomei, nun intento de extender o seu poder decidiu levar a cabo unha centralización do culto vudú integrando certas divindades dos seus inmigos, os ioruba. Os sacerdotes, ata ese momento independentes do poder político, vírons eobrigados a convertirse en dignatarios da corte de Abomei; algúns espíritos quedaron excluidos, mentres outros foron impostos no reino como vodum públicos. Un deles,Agasú, é o antergo fundador da liñaxe real de Abomei, considerado pola lenda como fruto da unión entre unha muller e unha pantera.
Organización interna do cultu vudú en África
O panteón de deuses de Dahomei está organizado en tres clases:
*deuses do Ceo(Gu,deus do lume,Hevioso, familai de espíritus do trono)
*Deuses da terra(Sakpata, encargado d eloitar contra pandemias)
*Deuses da auga(como Agwé, deus da pesca)

En Benín existe a crenza nun ser supremo, a deusa Mawu, xunto co seu irmán xemelgo Lisa, sen recibir culto algún a parella Mawu_lisa está considerada como xefe de tódolos vodum e delega seu poder na terra ó servicio dos humáns.

Cada familia e cada individuo honra a seus propios vodum, así un dos mais importanes no século XVIII no reino de Oio(actual Nixeria) era Fa, espíritu da adiviñación que revela ao individuo o vodum que debe honrar, así como os ritos apropiados pra obter seus favores ou aplacar a súa cólera. Xunto a Fa, personificación do destino, atópase Legba, o tramposo, que é quen permite esquivar o sino, representado o cambio e a contestación e abre os camiños car aos humáns das outras divindades; atópase na entrada dos templos e casas dos xefes de familia e é invocado ao principio de cada cerimonia.

A parella de deuses Dambala wedo e aida Dewo,representados na serpe arco iris, son unha parella encargada de asegurar o vínculo entre o relámpago(o ceo) e o mar.
Expansión cara o Caribe
No arquipélago das Antillas, Haití, convírtese en "La Española" no ano 1492, a poboación nativa foi exterminada debido ós malos tratos e traballos forzados nas minas de ouro, polo que o Imperio Español decide traer escravos de África, desembarcando os primeiros en 1503 pra sustituír aos escravos indíxenas americanos. Os franceses vans einstalando na illa ata conquistala toda pra eles, a Compañía de Indias Francesa provee de escravos á illa que tralo tratado de Ryswick cede a Franciaun terzo da illa, que recibe o nome de Santo Domingo.

A maior parte das etnias africanas estarán representadas en Santo Domingo, pero destacan en número os fon de Dahomey xunto ós ioruba de Nixeria, que serven de base unificadora ó conxunto das prácticas relixiosas dos escravos, apesares de que os capataces, amos e misioneiros tentan anular a cultura africana.

O vudú convírtese nunha relixión perseguida, polo que o seu culto é clandestino, nembargante aproveita rituais do cristianismo imposto pra disfrazar o vudú reealborando a relixión a través do culto aos santos católicos, os sacramentos e todas as grandes festas litúrxicas creando con todo iso un dispositivo protector das crenzas africanas.

Os misioneiros e administradores denuncian "as danzas e asembleas de negros" realizadas ao son do tambor e susceptíbeis de convertirse en ocasións d erevoltas e alzamentos; apesares das prohibicións e represión o vudú consigue sobrevivir á sombra das cerimonias católicas; oo novo entusiasmo polo culto católico os amos decátanse de que os bautizados á forza e tan "devotos" non son tan inocentes como semellan.

a segunda forma de resistencia do escravo era fuxir,un cimarrón, a lugares inaccesibles pros amos(as montañas de Bahoruco) onde se unian con outros compañeiros formando unha nova comunidade económica, política e cultural. O vudú coloniza as montañas grazas a estas comunidades de escravos fuxidos, sobre todo porque a maioría de cimarróns eran bossales ou escravos recén desembarcados e sen acultural polos brancos; o vudú favorece a integración  e sentimento de identidade común da xente de diferentes etnias. Debido ó obxectivo destas comunidades, erradicar a escravitude, o escravo cimarrón aprende todos os recursos da maxia, posto que os dirixentes dos campamentos de cimarróns son sacerdotes do vudú.

neste contexo comezaron a xurdir líderes cimarróns, reputado como "bruxos", que profetizan o exterminios do sbrancos e a liberación dos escravos; entre eles famoseou François Makandal, xefe cimarrón e sacerdote vudú que entre 1750 e 1791 fixo cundir o terror entre os amos brancos debido a que moitos deles morrían en velenados, ademais de que repartía entre os escravos poderosos talismáns, chamdos "gardacorpos", que pensaban que os farían invulnerábeis ás armas de fogo e iso quitáballe stodo temor ós opresores."Makandal" convirtiuse logo nun termo pra designar os talismáns e drogas fabricadas en santo Domingo.
A cerimonia do Monte Caimán
a pesares da prohibición das festas vudú e markandales, a Revolución Francesa e a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán chegan a oídos dos escravos, que se decatan que éo momento propicio pra desfacerse da opresión dos brancos. O novo xefe cimarrón, Boukman, dá o sinal de revolta a todos so campamentos cimarróns e plantacións da illa o dìa 14 de agosto de 1791.

Ese día reúnense varios xefes cimarróns e no marco dunha cerimonia vudú, presidida por Boukman, chamada do Monte Caimán, os escravos reunidos selaron un pacto que se sacralizou e xuraron morrer antes que vivir baixo o dominio dos amos. Entre os participantes repartiuse sangue dun cocho negro sacrificado, mentres Boukman chamaba á vinganza en nome dos deuses dos antergos, o día 22 prodúcese a insurreción xeral dos escravos.

Durante 2 meses os escravos rebeldes conseguen vencer aos colonos, Boukman morre e surxen novos dirixentes como Toussaint Louverture, o 29 de agosto de 1793 os revolucionarios franceses envian unha comisión, un dos delegados, Sonthonax proclamaa abolición da escravitude na illa. Louverture defende Santo Domingo da invasión dos ingleses(que tentaba invadir a illa coa xuda ds colonos franceses e restaurar a escravitude)e log contra un corpo expedicionario enviado por Napoleón. Finalmente a illa consegue a súa independencia o 1 de Xaneiro de 1804.
O vudú en Haití independente e na ocupación estadounidense
Os primeiros xefes de Estado(Toussaint,Louverture,Dessalines,Pétion...) tentaron reducir a influencia do vudú mediante persecucións sistemáticas, xa que elexir o catolicismo como relixión oficial lles axudaría a tratar cos países europeos sobre certa base igualitaria. A ideoloxía racista do XIX atopa no vudú un alimento inagotable, en 1860 fírmase un concordato co Vaticano.


Empréndense campañas de denigración do vudú periódicamente e é expulsado á clandestinidade, surxindo só á luz cando algún rumor escandaloso o fai aparecer nos xornais, sendo incluso considerado como principal atraso da civilización en Haití; esa imaxe sería promocionada polos estadounidenses, que afirman qe os negros sonincapces de gobernarse sós e que practican ascrificios cruentos con animais e nenos, en 1915 os marines invaden Haití e coupan a illa até 1915, durane estes anos "pacifican" aos labregos, escravizándoos pra construir estradas e facéndolles campos de concentración( en Chalbert) e executan aos rebeldes e destrozan os templos vudú, mezclandoa crentes da relixión con independentistas pra así manchar a sñua imaxe no estranxeiro; xorde o mito do "zombie", que servirá como argumento nas películas(White Zombie,1932) basándose en presuntas testemuñas e aproveitando unha lei de 1835 que encarceraba aos creadores de maleficios.
Outra vez na clandestinidade, os sacerdotes vudú poñe en práctica estratexias pra envolver o culto de misterio e prestixiar o seu poder, menre so Estado e a Igrexa póñense de acordo pra queimar templos e obxectos de culto encarcerándo ós ougan.

Sometido durante o imperialismo europeo ás persecucións conxugadas do Estado e a Igrexa e logo á negación das elites haitianas no XIX e ata 1930 o vudú segiu sobrevivindo, sendo uns dos seus piores males a explotación polñitica que fixo del o réxime dictatorial dos Duvalier.

O código penal que castigaba con cárcere a realización de "prácticas supersticiosas" estivo vixente desde 1835 ata 1986, para disuadir ós seus enemigos os sacerdotes fixeron sociedades segredas, aliáronse con xefes locais e extendían unha fama de ser moi perigosos cos velenose maleficios como argumento disuasorio ante un ataque.

Este aspecto negativo do vudú foi usado por François Duvalier pra eternizarse no poder, financiando cerimonias e a ougans entre o 1957 -1971, coa caída do réxime en 1986,a xente botouse á rúa pra vingarse dos opresores, sendo executados pola xustiza popular os toton-macoutes(gestapo de Duvalier) e algúns ougans acusados de facer bruxería a favor do dictador. Isto foi aproveitado polos pastores protestantes que intesificaron as súas campañas anti-vudú mezclando aos ougan cos toton-macoutes.

A nova constitución  democrática de 1987 suprimiu a tradicional persecución do vudú, mais as seitas relixiosas cristiás (baptistas,evanxelistas,pentecostelianos,testemuñas de Xehová ...) segue gañando campañas chegando ás capaspobres e basando as súas prédicas botando todas as culpas no vudú,a aprte das consabidas amezas do inferno por practicar unha relixión pagana, sobre tdo con confesións públicas de "adeptos arrepentidos" que se convirten e declaran que pactaran co demo.
 Crenzas


Existe unha deidade suprema xemelga,Wamu-Lisa, pero non reciben culto, quen o reciben son os lwa ou loa, xenios sobrenaturais(Legba,Ogu,Barón samdi,Ezili freda,Primo azaka,Mamá Brigitte etc) que sirven de intermediarios entre a parella suprema Wamu_lisa e a humanidad,tendo cada un deles unha "persoalidade" diferente e múltiples modos de ser alabados (por cancións, bailes, símbolos rituais...). Non existe unha estructura relixiosa homogénea con dogmas, un sacerdote vudú ou "ougan"(home) ou mabo(muller) ten a función de porse en contacto cos lwas e sendo poseído por eles.

Os lwa ou loa aparecen reagrupados en familias(paralelo das diferentes etnias africanas) chamadas "nacións"(nanchon en criollo) que se dividen en diversos ritos; cada rito distínguese por un ceremonial particular con saúdos,aoracións, aclamacións, bailes, instrumentos musicais e certos animais para o sacrificio:
*Rito Rada: honra a espíritus de Dahomey e espíritus acuáticos, considerados como lwa bós ou loas de Guinea, constituindo o rito principal do vudú polo que as cerimonias de iniciación fanse de acordo con el. Na familia dos Rada atópanse os loa Dambala e Aida Wedo,Aqwé, así como a loa Ezili(considerada tanto Rada como Petro).
*Rito Petro: os loa deste rito proveñen da súa maioría dos escravos integrados en [[Santo Domingo]], son especialmente vengativos e usados en prácticas máxicas, chamados loa amragos polo seu contraste cos loa rada(que son doces). A este rito que rixe o elemento do lume, pertencen Ogu Feray, igualmente pertencen outros loa Rada e Kongo no seu aspecto violento.
*Rito Kongo: corresponde ós lwa de orixe [[bantú]],menos populais que os Rada son reconocidosa veces polo sacrificio canino e pola exuberancia dos sacrificios.

A clasificación dos loa nos ritos non é moi estricta e hai ritos secundarios que se asocian a xenios de outro rito; de ahí que non todos os loa teñan a mesma importancia, existindo unha xerarquía, existe un lwa considerado como xefe. Legba, ou Papá Legba(coñecido en Cuba como Elegba ou Ogu e en Brasil Eshu)unha especie de xenio psicompompo e protector,abrindo o camiño dos lwa car aos humáns. Situado xerárquicamente despois de Legba aparece Ogu o vermello, seguido de Barón samedi.

Existe tamén un culto aos defuntos(a quenes teñen que coidar pola paz dos vivos así como servir de conselleiro e dar coñecementos sobre plantas ou conceder riqueza) e aos xemelgos(pola súa identificación co deus andróxino Mawu-Lisa e teñe gran poder)
Prácticas
As cerimonias en honor ós loas desenrólanse en templos ou santuarios, os templos(oufó) son edificios cun peristilo consagrado que ten no seu interior un poste sobre unha peana chamdo poteau-mitan, eixo profusamente decorado con motivos xeométricos, da relación entre o mundo celeste e o terrestre e constitúe a vía rela dos lwa pra reunirse coa xente, arredor da peana do poteau-mitan deposítanse ofrendas e fanse debuxos simbólicos ou [[vèvè]], atraídos por estes signos e os redobles de tambor(tambores asòtò) e os lwa acuden a bailar no corpo dos fieis cando estes entran en trance.


Os loa están adicado ao servizo das persoas, conceden seus favores ó ser ben recibidos e "alimentados"; pra un contacto estreito úsanse rituais precisos de acollida, posesión, iniciación e maridaxe místico son formas privilexiadas para contactar pra coñecer o destino, a falta de poder modificalo.


O culto practícase tanto a nivel ndividual como colectivo. Cad persoa dispón dun  loa -rasinrecibido por "herdanza" familiar) e lle fai un pequeno rogatorio no dormitorio da casa cunha estampa dun santo católico correspondente(SAn Xoán BAutista é Chango, a Virxe é Brigitte,SA Pedro é Papa Legba...) e unha vela pra chamalo. A nivel colectivo os crentes únense a unha cofraría dun templo.

O oufó é o templo, onde hai chozas propias ,a modo de capelas, consagtadas a loas diferentes; a veces un templo está dicado a un só loa en especial, e outras comparte culto de varios loa, incluso tendo dous peristilos , un pras os loa "doces" e outro pros loa "amargos". O peristilo do oufó é a sala de baile e onde se atopa o altar central(ou pedji, onde se colocan os obxectos enblemáticos dos loa, cántaros coas súas cores, botellas,bonecos,etc) e o poteau-mitan(poste sobr eun zócalo onde se depositan as ofrendas); nesta gran sala colócanse os tres tambores sagrados de tamaño diferente( o tambor principa ou "manman tambour",o  segundo e o boula, o máis pequeno).


Ningunha ceremonia é igual ás outras, cada sacerdote(Ougan se son homes, manbo se son mulleres) ten seus ritos preferidos e desenrólase como unha obre teatral na que todos son actores dirixidos polo ougan ou manbo. Inicia primeiro as letanías dos santos, oracións e cánticos tradicionais axitando o seu asson(unha maraca feita con cabaza e semillas) logo pasa ás invocacións dos loa(o primeiro sempre,Legba) e despois  fai o rito do jété-dlo(asperxe auga desde o poteua-mian ós 4 puntos cardinais) a orquestra comeza a tocar a percusión e os "iniciados" bailan.

Unha cerimonia vudú normal componse dúas secuencias :
*Primeiro os ritos de entrada, desfiles de bandeiras do oufó, saúdos ós obxectos sagrados, ritos de orientación dos obxectos "delimitando" o espazo consagrado; longo cantando longa soracións católicas e letanías de santos van as invocaións ós diferentes loas. Comézase a bailar ó son dos tambores.
*Segundo, o sacrificio, ou manjè-lwa(xa que os loa que participen na cerimona deben "comer" pra ter a suficiene forza pra conceder favores), o sacrificio está dirixido por un ou varios iniciados ou cofrades, que mercan en común os animais preferidos(cabrito, ovella, boi ou aves de corral) dos loa dos que se agrada que comparezan.

O sacrificio é oficiado por un cofrade, ornado cun pano vermello na testa, proba as ofrendas colocados ó pé do poteau -mitan(platos de comida de millo tostado, pastel e licores) e diante do animal, que se convirte nél ante o lwa, se o animal come dos aliemntos preparados é interpretado como unha boa disposición dos loa para cos crentes. O animal sacrificado foi preparado con anterioridade(limpado a cabeza, colo e patas, decorado con panos dos cores do loa a chamar, e perfumado) ao igual que o sacrificador(tomando baños d epurificación). O animal é degolado e o sacrificador beb unhas gotas do seu sangue e o carga ás costas mentres os cofrades frótanse contra del ou santigúanse co seu sangue.

Tralo sacrificio o animel é orientado caraos 4 puntos cardinais en sinal de ofrecemento ós loa, logo é despezado e cocido fóra do peristilo nuns buratos do patio do templo. Nembarganmtes o importante das cerimonias é a manifestación dos loa, a través da "posesión" dun crenteos lwa acuden tralo debuxo no chan do seu respectivo vèvè os redoblesd etambor e os cantos específicos. É cando algún feligrés é "poseído" e fai xestos que lembran ó comportamento simbólico dun loa en particular( se cae ó chan e repta e saca a língoa é que se trata do loa Dambala,etc) e dáselle un obexcto típico do loa: si se trata de ogu dáselle un sabre, se é Zaka dáselle unha pipa e unha saca de labrego...

A veces un loa pode "posuír" a varios danzantes á vez, sendo mais perigoso o primeiro momento  do trance xa que o loa apodérase con brusquidade do seu "Cabalo", o crente, e o sacerdote, a manbo ou o ougan, ten que facer que a persoa en trance xire sobre sí mesma pra non perder o equilibrio axudado spolas compañeiras da persoa en trance. A medida que mudan os ritmos d etambor interveñen outros loa debido a que o trance se contaxia e os loa proban as ofrendas.

As e os sacerdotes deben saber limitar ao loa, xa que sabe dos xestos rituais que fagan que o loa fique ou marche, nembargantes o trance,a aparición dun loa na cerimonia significa qu ésta foi un éxito; sen a protección deles as persoas poden ser obxectivos de todo tipo de forzas espirituais(almas de mortos, malos espíritos incontrolados,etc)






Debido ás prohibicións e persecuciósn, o vudú camuflouse con festas católicas(ó ser ésta a relixión imposta) así o Nadal é a noite dos baños da sorte, o día de reis é o día de aninovo, o día 1 de Novembro é a festa dos Guedé, os loas da morte(En Galicia durante séculos usouse o día 2 de Novembro pra facer banquetes sobre as tumbas, este costume foi prohibido polos bispos debido ó escándalo que lles producía ver usado o interior das igrexas como lugar de banquetes dos ricos soterrados). A cuaresma saen cofrarías e bandas de rara circulando polas rúas ó són das vaccine, trompetas de bambú. As grades festas patronais adicadas a santos son á vez grandes festividades vudú:16 de Xullo día da Virxe do Carmelo está consagrado a Ezili, o 26 de xullo de santa Ana corresponde á nai de Ezili, o 25 de xullo día de Saniago é o tamén o día de Ogu.


 Arte Vudú
Tras fixar un imaxinario orixinal e forxar a identidade de [[Haití]], o vudú comezou a expresarse coa arte a través da danza,a literatura,(mitoloxías) e a pintura haitiana. En 1906 Antoine Innocent fai aparecer de modo positivoo vudú  nunha novela(Mimola),nos anos 50 Jacques Stephen Alexis no seu libro "Les arbres musicians" evoca unha atmósefra de misterio , mentres nos 60 o poeta René Depreste exorciza o seu odio cara a opersión colonialista ianqui no seu Arc en ciel poru l;Occident christien,e en 1988 rené Depestre obtivo o premio Renaudot con "Hadriana de tous mes rêves".

En 1940 Dewitt Peters da a coñecer o arte de Héctor Hippolite, Saint Brice(sacerdotes hoygans) e Préfete Duffaut(que di pintar por mandato divino),usando un estilo moi näif de cores brillantes e composición sinxela.André Breton merca en  1944 varias obras de Héctor Hippolyte-sacerdote vudú e pintor- a quen calificou de surrealista. A pintura haitiana desta época é pintura relixiosa e usa iconos católicos pra amosar aos loa(así San Pedro representa a Barón Samedi, Santiago matamoros a Ogu Batala, San Cosme e San Damián son Obatala  e Odudua, a Virxe dos Dores é Ezili, San xosé é Loko,San Xoán Bautista é Chango,etc)

Nestas pinturas tiveron unha grande influencia as cromolitografías católicas na elección de cores, tonalidades e armonía das cores, pero os vèvè(símbolos dos loa) son elementos básicos do vudú e parecen ter unha acción mais determinante na pintura haitiana. Na liturxia vudú cada cor representa a un loa(Legba o vermello,Zaka o azul,Barón Samedi o Negro e o violeta,Dambala o branco...) aparte de ter un significado propio e a pintura sufre esa influencia: Por outra banda as liñas teñen un valor cósmico:a horizontal é a materia, a cruz o encontro do espíritu e a materia signo de Legba e xesús, a circunferencia símbolo de Dambala e do home que se convirte no centro de todo.

Nas chamadas artes aplicadas, fanse figuras dos loa a partir de metais recortados con siluetas, así como a decoración dos templos(oufó) con pinturas de vèvè e de santos católicos(que en realidade son loas),así como os motivos xeométricos que inzan toda a superficie dos poteau-mitan. Nembargantes algúns obxectos usados nas liturxias están moi decorados con lazos e flores nos altares e os wanga(fetiches ou paquetes máxicos con poderes pra defenderse), así como collares e redeciñas feitas con vértebras de serpe.



lunes, 7 de mayo de 2012

OS CENTINELAS DO ARNOIA.



O río Arnoia é o segundo afluente en importancia do Miño, adéntrase desde o Miño centroso cara o interior a 84,5 kilómetros dentro da provincia de Ourense, onde nace aos pés da Serra de San Mamede.

É en Vilar de barrio onde comezan os castros a asomarse por riba del, e logo se van alternando a ambas beiras, ata a súa morte no Miño, onde é máis estreitamente vixiado polos castros de Lapela e Carnós.Xusto na súa desembocadura, xa os primeiros habitantes buscaron refuxio entre as rochas(deixando un acubillo baixo un penedo de varios útiles paleolíticos) e conforme nos metemos río arriba os castros vannos seguindo coa ollada, os castros xemelgos de Carnós e Lapela en Arnoia, e tras o canón do Arnoia entre Cartelle e Cortegada(onde se fai prácticamente imposible avnzar por mor dos rápidos) vóltanse erguer os castros da Cividade,Dorniz,Sabucedo…

Alí sobre o Baixo Arnoia a vella tribo dos Coelernos articulouse en torno ao principal río que tiña a man para asegurarse de ter os mellares humedais e pastos para o seu gando, ao tempo que conseguían cribar parte do ouro que daquela todolos ríos Galegos arrastraban, conseguindo máis riqueza con iso, e por si fora pouco, o río tamén traía canda él aos comerciantes, que se deixaban guiar polas augas río arriba e así non perder o seu camiño de volta.De tal forma chegaron os romanos deica alí e no ano 132 D. de C. e procuraron facerse amigos dos Coelernos antes que batallar contra deles e erguer unha ponte no Freixo.

Máis arriba o Arnoia cambia de dono baixo a vista do castro de Armeá e o seu santuario, e logo ser vixiado desde a Peneda da Lebre(A Merca), sen achegarse moito ao Alto dos Touciños(Baños de Molgas) onde o río e a lebre cambian de parecer para xirar cara o Sur e pasar á beira do Porto(Vilar de Barrio) no alto de valdemouro, vixiante do lado esquerdo e do lado dereito o castro de Folón ou Penadiz en Arnuíde(ao igual que no concello de Arnoia Carnós e Lapela) aquí o río é celosamente vixiado, xa que o seu nacemento está próximo na serra de San Mamede.

Os seus habitantes souberon sempre que quen ten un río ten un tesouro, non soamente servía para atraer comerciantes e turismo, senón que daba de beber ós pastos para así ter máis cabezas de gando nun sistema social de príncipes cada vez mais ricos debido ó aumento e mellora da ganadería bovina vinculadaza a zonas húmedas, de pasto e máis abundantes polo aumento da pluviosidade polo cambio de clima(do subboreal ao subatlántico).
Os motivos para estar cerca do río:
. Acceso rápido á auga e fauna para alimetarse(peixes,animais que van beber).
. Sistema defensivo: que é un río senón un foso cheo de auga que corre?
. Posibilidade de captar recursos mineiros(cribando as areas dos ríos obtiñan pebidas de ouro). E aumentar súa riqueza e posibilidades de comerciar.
. Control de vías de comunicación cara o interior.controlando o paso de mercancías.
. Dominio simbólico da paisaxe por parte das élites.
. Vuisibiliade e accesos orientados cara os pastos(de gandería xa estabulada)e as terras de labradío.
Todo isto fixo que sobre os ríos se erguesen varios castros ao longo do seu percorrido( e quen sabe cantos máis agradan por nós) xa que todavía se podía subir río arriba sen ser obstaculizado por ningunha central eléctrica, e a néboa non duraba tanto no val, de ter tanta néboa como temos agora nos meses de inverno seguramente vivirían máis cerca da auga e non alá arriba.

lunes, 16 de abril de 2012

O COTO DE LOUREDO (TOÉN)

O coto de Louredo é un pequeño territorio ourensán situado ao pé do monte Louredo(437 mts.) no actual concello de Toén.

O monte xa estivo habitado nos séculos II-I A. de C. para logo despoboarse esparexéndose a población nos veciños lugares de Santa Uxía,Freixendo.. Aló arriba atopouse un castro, a posterior romanización deixou un santuario a Xúpiter(como en moitos montes galegos como o Coto Novelle) e Diana para logo na Alta Idade media ocupar o lugar un castelo que sería doado polo rei Afonso VII o día 13 de Maio de 1133 ó bispo de Ourense.

Ese castelo de Louredo non só era un lugar de defensa militar, senón tamén centro administrativo do “Coto de Louredo”, pequeño terreo de 7,5 km. No seu eixo Este-Oeste e 8 km. no eixo Norte-Sur, que o monarca galego-leonés Afonso VII(1126-1157) regala ó bispo de Ourense; ó cal un mes antes lle fixera tamén doazón doutros terreos veciños na súa política de atraerse a fidelidade das principias forzas do sur ourensán para contrarrestar a mesma política de atracción de señores feudais por parte da primeira raíña de Portugal,Dona Tareixa(tía súa), que procurava facer medrar seu condado-reino cara o norte facéndose cos territorios de Tui e da limia.

Os límies deste coto de Louredo no estaban moi claros( isto fixo que durante sécalos se entablasen pleitos con outros señores) pero a través dos pergameos podémonos aproximar aos seus lindes daquela, que serían seguindo a liña do Río Miño ata Puga(Toén) e desde alí continúa cara Sabucedo de Montes, aldea que servía de límite coas posesións do mosteiro de Celanova (o outro grande terrateniente ourensán xunto á catedral auriense) ata chegar a Pousafoles, que lindaba co “Vilar de Paio Muñiz”.

As doazóns de Afonso VII á mitra ourensán supuxeron un incremento de cinco veces máis do que xa tiñan o bispo de Ourense, esa privatización dos poderes públicos a favor dos señores feudais laicos e eclesiásticos non supoña unha merma importante nas rendas do monarca, que estaba máis ocupado na Reconquista de terras máis fértiles da Península Ibérica e a súa burocracia era feble demais para soportar o esforzo militar na Sur e antender á vez a administrar directamente territorios no Norte ao tempo que tenta conservar as terras frente ao nacente reino portugués(gobernado por parentes seus).

Descoñécese a data de edificación do castelo de Louredo e as súas características, a data máis antiga coñecida corresponde á do ano 952. nese ano un pequeño señor feudal;Favila, doa a San Rosendo e o seu novo mosteiro de Celanova varias aldeas e homes, e el retírase ao mosteiro familiar que fundara seu fillo Egas, o mosteiro de San Vicente de Louredo “situado baixo o castelo de Louredo”.Un castelo do que apenas fican restos, todo esmorralado xunto ós escombros castrexos, debeu trtarse dunha pequena fortaleza a basedunha torre pequena de non moita altura coa súa cerca, tal vez aproveitando as murallas do anterior castro, vixiando sobre o Miño, non fose ser que os Vikingos que daquela asolaban toda a costa atlántica fosen entrar deica Ourense.

lunes, 16 de enero de 2012

Couto ou Xulgado da Vestiaria(refoxos).


Trátase da vella denominación dun territorio que hoxe comprende as parroquias de San Bieito do Rabiño,Zaparín (S.Martiño) Refoxos (S.Bréximo) Cortegada (Sta.María).

De orixe altomedieval, aparece por primeira vez nun foro do século X (según nos conta FR.Benito de la Cueva no seu tratado do ano 1632:” Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova.”)cando unha muller,Guldregoda doa ó mosteiro de Celanova e a Rosendo Guterres(futuro San Rosendo) o lugar de refoxos cunha capela e varias aldeas.
Durante os séculos XII e XIII é coñecida como Couto de Riba de Miño, tal e como confirma Afonso VII en 1145. A comezos do século XIV xa reibía o nome de Coto da Vestiaria, aludindo o seu nome ó destino das rentas do Couto, a vestimenta dos monxes.
O mosteiro de Celanova tivo problemas para manter o dominio da zona xa desde a baixa Idade Media ata o século XVII, co concello de Milmanda, os casteleiros de Sande e Santa Cruz, a nobreza baixomedieval e os labregos do Coto.
.
En 1218 o rei Afonso IX nomea a Pedro Milite de zaparín casteleiro de Sande(Cartelle) e santa cruz(quintela de leirado) entrando en conflicto co abade de celanova polos límites dos territorios respectivos nos que cobraban rendas, tralo preito o rei prohibe ó casteleiro entrar nos coutos do mosteiro próximos ó castelo.
En 1467 o rei Enrique IV escoita queixas sobre “La Bestiaria les tobo entrado et tomado et ocupado por fuerza e contra su voluntad don Alfonso Pimentel , conde que fue de Benavente, e despues de su fin gelo tiene don Juan Pimentel, su hijo”o rei ordea ós irmandiños que llela fagan devolver ó mosteiro de Celanova.
En 1489, Don álvaro de Soutomaior conde de camiña, e o Mosteiro de Celanova fan un pacto polo cal o señor laico recibe 3000 pares de blancas cada ano e o Mosteiro leva as rendas da barca , tras un preito e varias violencias de servos dfe ambos señores(o preito viña movido por que o lugar onde tamén desembarcaba a barca era Filgueira e pertencía á casa de Fornelos).

En 1673 o renóvase a renta de 66 foros(ordeado desde Valladolid)subindo a súa renta, producíndose tumultos(os cronistas do mosteiro de Celanova falan de que os veciños tentaron asasinar ó monxe cobrador e prenderle lume ó priorado) e un preito que duraría 15 anos.

Ó igual que en Bande a vestiaria tivo concello propio pero sen ser tan belixerante frente ós seus señores.O territorio do Coto da Vestiara cubría tanto montaña onde pastaba o gando como as terrazas vitivinícolas e o río Miño, do cal se podían sacar peixe e as rentas da barca de Filgueira(único punto de paso desde a Guarda ata Barbantes, sendo Ourense a única poboación con ponte).
Coa Desamortización de mendizábal(para paliá-la crise da facenda nacional) desaperecen os dominios do mosteiro e co réxime constitucional fórmase o municipio actual de Cortegada en 1835, eso si, desde 1835 ata 1965 o concello de Cortegada estivo encadrado no partido xudicial de...celanova.

Mateo Guillade,xefe carlista do sur da Galiza.



Mateo Guillade, militar e político galego do século XIX.
Durante a Iª guerra carlista(1833- 1840), os carlistas tentaron organizar en Galicia un auténtico exército, pero non deron pasado máis aló de bandas paramilitares sen coordinación.
Entre os cabecillas destas guerrillas destacou, por breve espacio de tempo, Mateo Guillade, que de seminarista pasou a brigadier do seu propio exército.
DE SEMINARISTA A PARAMILITAR CARLISTA.

Trala destrucción do chamado “Trienio liberal”  o goberno abolutista creou un exército paramiliatr de carácter ultraconservador chamado corpo de voluntarios realistas, o mozo Mateo guillade, natural de Tomiño, que estudiaba no Seminario de Tui colga a sotana e alístase nestas milicias absolutistas. Dez anos máis tarde, vendo que o seu irmán, Carlos Mª,se fai prácticamente co control delas, Fernando VII para garantizar que a súa filla goberne cando el morra, disolve esta milicia.

Cando se proclama a fillade Fernando VII como raíña de España, Carlos María, seu tío ,atópase en Portugal(onde ocorre algo semellante en España, a raíña “legal” non pode reinar porque seu tío, un ultraconservador, lle usurpouo trono e o país se atopa nunha guerra civil)e co apio do rei Miguel, o usurpador forma unha Corte na cal vai xuntando ós seus partidarios(carlistas)  négase a recoñecer á súa sobriña como raíña.Tui tranfórmase nun niño de espías que pasan constantemente a recibir instruccións do pretendente ao trono español.

Mateo Guillade debeu pasar a Portugal, pero ten mala sorte e é apresado polo bando liberal portugués (que finalmente expulsa ao rei usurpador e o español Carlos ten que fuxir co seu exército cara España) que gaña a guerra en 1834, mateo é apresado e pasa dous anos no cárcere en Lisboa.

Cando Guillade consegue fuxir, España xa levaba dous anos envolta na Iª Guerra carlista, en Galicia os carlistas tentaban organizar a táctica militar en torno á Junta Suprema de Galicia por Don Carlos, que estaba presidida polo cura de Freixo, por orde de Carlos Mª. Guillade volta ó campo de batalla pola metade de 1836 e organiza a súa propia partida carlista tras estar na partida do Arcediano de Melide, chegando como reforzo ós conservadores xusto cando máis o necesitaban, xa que a principios de 1836 perderan dous dos seus mellores militares(Antonio López e Martínez Villaverde) e a principios de 1837 voltan perder outros sonados xefes(O señorito de Bullán, Sramiento e Manuel Pérez). Guillade aproveita o baleiro deixado por eles e faise cos depósitos de armas deixados antes por unnha eexpedición carlista de axuda desde Euskadi), pero en vez de permanecer nas provincias de Coruña e Lugo, que ata entón era onde golpearan máis os carlistas, pasa ó Sur de Ourense e Pontevedra, levando a guerra alí.

Nembargantes Guillade non se presentara ás autoridades carlistas galegas, só o coñecen cando Mateo Guillade se presenta ante D. Carlos en Euskadi, que xa nomeara ao cura de Freixo como caudillo carlista en Galicia, Guillade regresa a Galicia contrariado, xa que el pretendía ser o presidente da Xunta Carlista de Galicia, ao non logralo volta a Galicia coa idea d ecrear outra Junta Carlista que o recomende a él como cabecilla en vez do de Freixo, e traslada o seu cuartel de operacións ao Sur galego, que apenas sorfrira aínda a guerra civil carlista, escapando da autoridade e xurisdicción do Cura de Freixo.

Mateo Guillade consegue fama entre os anos 1837-1838, grazas á súa estratexia de invadir vilas importantes durante unhas horas e logo fuxir co que roubaron; estas tácticas lle permiten sobrevivir ante a política vacilante do aquel entón Capitán Xeneral de Galicia.

A súa primeira victoria foi no santuario de Franqueira( A Cañiza)en agosto de 1837 contra dun destacamento liberal, do que deron conta os espías carlistas de Tui que lle permitiu a Guillade facerlles unha emboscada e matar a dous importantes xefes militares de Isabel II.Ao tempose autotitulase Comandante Xeneral do exéricto carlista en galicia e  crea a Junta Carlista del Sur de Galicia co obxectivo de ser él o xefe supremo carlista en Galicia, envinando axentes a D. Carlos pra que lle dera lexitimidade á súa Junta ( e de paso pediría que nomease a un xefe militar “competente” pra Galicia, criticando ao cura de Freixo e insinuando que o indicado era guillade), pero na súa contra tivo ao ministro galego carlista, J. Arias Teijeiro(que vía nel un ambicioso indisciplinado que sería derrotado). En Setembro ataca Entrimo sendo repelido por benito González Losada ó mando da 2ª compañía da Milicia Nacional en Olelas, fuxindo os facciosos por Lindoso. En Outubro xorde unha conspiración ó mando dun vello oficial en Xinzo de Limia e chaman a Guillade, traendo consigo 30 homes, pero os curas de Sabucedo e Pexeiros avisan ás autoridades e D. Gualbeto corcuera fainos retirarse con 3 mortos.

Non contento con isto ataca Paizás(Freás de eiras)con 70 homes.Declárase o estado de sitio en Xinzo,Celanova,Bande,A Cañiza,Ponteareas e Tui.O comandante militar de Ourense sinalaba as simpatías de Xinzo,Bande e Celanova(excepto os pobos de Rabiño e Refoxos)e declara liberales ó Carballiño,Valdeorras,Trives,Entrimo e Lobios.
En Xullo Guillade volta atacar o Miño, pero é atacado por D Alejandro Marquina ó mando da columna de Ponteareas matándolle oito homes(entre eles un crego ourensán)e os facciosos fuxen a Portugal, onde reaviva forzas e ánimos e volta á liña do Miño por Cartelle sendo batidos en Paradela polo rexemento de Monterrei.Ao mes seguinte, estando en Picouto(Ramirás) a columna de Refoxos(acuartelada no vello priorato)bate contra del;o día 29 ao mando de 100 soldados e 20 cabalos atacan Beade, sendo expulsados polas milicia nacional de Cenlle e Ribadavia ó mando do xuíz de Ribadavia.
 

En 1838.Guillade toma Tui co obxectivo de conseguir o prestixio necesario pra conseguir o nomeamento de xefe supremo carlista.

Na madrugada do 2 de Abril de 1838, Guillade entra en Tui, sabendo que estaría case sen protección, disfraza ós seus homes de soldados isabelinos e conseguen invadir Tui con 130 homes contra 50 soldados do rexemento de Monterrei(Verín); os carlistas entran na vila e tentan tomar o edificio da tesourería, pero chegan os portugueses do rexe3mento de Cazadores de Porto de guarnición en Valença, entre todos fan fuxir ós carlistas, pero éstos regresan en canto ven que o rexemento portugués se retira, avanzan pola Corredoira cara a casa do alcalde liberal a tiro limpo pero ó non atopalo capturan á súa muller e lévana ante a catedral pra fusilala, tivo sorte que o bispo de Tui saíu na súa defensa e logo consegiu que os carlistas non lle prenderan lume a parte da vila desde onde os atacaban, retirándose cara Ponteareas e logo cara a serra do Suído fuxino ds tropas liberais.
O 14 de abril de1838 reaparece en Xinzo de Limia, atacando á súa feira(pra conseguir botín) e entablando combate en Laza contra dunha columna volante provinte de Ourense, que os fai fuxir cara Portugal, onde atopan refuxio e armas, para voltar en Marzo a atacar o sur de Pontevedra, atacando desta vez á Guarda.

O 1 de Xuño de 1838 Guillade ataca a vila da Guarda con 60 homes contra unha pequena guarnición de carabineiros(gardas de aduanas), que ó sabelo abandonan á vila e dan a alarma nas poboacións veciñas, das cales regresan con máis efectivos das milicias urbanas, quer fan fuxir ós carlistas e matar a algún deles na súa retirada.
MORTE DE GUILLADE E DESFEITA DA SÚA PARTIDA.
Vendo cómo se torna a súa sorte Guillade volta a ourense e reforma a súa partida  conseguindo reunir 200 homes cos que ía e viña ao longo da fronteira portuguesa sobre todo polas terras de Celanova, onde según as autoridades é ben recibido(excepto en Rabiño e Cortegada que mantañen a súa Milicia Nacional). toma durante unhas horas a vila de Allariz cun centenar de homes, onde cometen varias tropelías incluso entre os civís, sendo expulsado polas forzas do novo capitán xeneal de Galicia;jerónimo valdés, e dos seus dous mellores oficiais, o marqués de Astáriz e Marquina. Expulsado da provincia volve á provincia de Pontevedra,onde asalta varios pobos(Prado de Covelo...) sendo expulsado por Marquina e Astáriz.

A finais de 1838 os xefes militares Alejandro Marquina e o Marqués de Astariz forman unha estratexia, facendo unha pinza(como a dos exércitos nazi e ruso na II Guerra Mundial) entre Melgazo e Pontedeva,a comezos de Agosto o rexemento de Monterrei mandado por Marquina patrullea o linde con Portugal entre Melgazo e Castro Leboreiro co rexemento de Monterrei mentres a outra parte operaban en Ponteveda e Trado, Guillade entra e tenta tomar o forte de Refoxos (cerca das vellas posesións do marqués de Ximonde, un dos principais valedores dos guerrilleiros carlistas) ó mando do subtenente Nicolás López as tropas xúntasanse e coa axuda de varios naturais do concello de Cortegada e as tropas do rexemento de Monterei ó mando de Alejandro Marquina e Ramón Carpintero fan fuxir ós carlistas.Os guerrilleiros facciosos fuxen ás montañas ara o santuario do Val,créndose libres da persecucíón do exército regular acampan en Escudeiros(Ramirás) pero chegan os soldados e guillade cae morto ós primeiros tiros(xunto a 24 faccioso máis, un dos oficiais mortos era coñecido como "o fillo de Manuela castro de Valongo"); o seu corpo foi enviado de Refoxos a celanova e logo a Ourense, sendo exposto ao público na Horta do Concello (lugar usado habitualmente para expoñer bandidos e crimnais axusticiados)sendo degolado e posta a súa cabeza no Polvorín(ourense), a lenda popular afirmaría que Mateo Guillade foi morto e degolado polo seu propio sobriño.

 Morto Guillade a súa partida desaparece.prácticamente; lle sucede no mando D. José Gil y Araújo (Fidalgo) que fuxe cos efectivos que non foron  feridos ou mortos, pero morrea os poucos días e a partida divídese  en tres seccións: unha , ao mando de Antonio Vázquez Pobadura, que é capturado e fusilado o 29 de agosto de 1838 en Ourense, despois de confesar e acusar como carlistas de quinta columna a varias persoas (que serían logo procesadas) Outra sección estivo ao mando de Veloso, que morre en abril de 1839 en san Paio de Abades. A terceira sección estaba ao mando de Francisco Var e Antonio Almeida,que morren en Refoxos en xaneiro de 1839.

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Un boticario do século XIX en Cortegada,Ourense.



A principios do século XXI o concello de Cortegada montou unha exposición fotográfica con fotos vellas, entre fotos de futbolistas e clons de Jackie Kennedy atopábase a dun señor con chistera ao lado dun libro raído, o ghicho en principio semellábase a Manuel Murguía pero un cartelito decía ben claro que se trataba de Jose Ojea Otero, deputado ó parlamento da Iª República Española, e manda truco! Érache de Cortegada!

Non se semellaba a Murguía, senón que foi amigo del, buscando outras cousas atopei que ata Otero Pedrayo falaba del na súa guía de Galicia dos anos 60, pero Quen era este pavo?

Un rapaz fillo dun boticario que ó ir estudar a Compostela entra en contacto como moitos outros con outros mozos que, coma él, queren cambiar as cousas; así nace un político de ideoloxía republicana federal ó que lle acae ben unha España formada por varios estados unidos e non unha España gobernada por e desde Madrid.Ou sexa que de vivir en tempos de Franco o fusilarían e se vivise en tempos de Fraga o “esquecerian”.


Aínda que este tipo de políticos nesa época tiñan fama de masóns, él non aparece no listado de ningunha loxia, nin nas loxias de Ribadavia e celanova contemporáneas a él(“la masonería gallega en el siglo XIX” de E. J. Valín) pero sí algúns dos seus amigos, como Curros Enríquez, a quen lle escribe o prólogo do seu libro “Aires da miña terra” (daquela Cortegada pertencía ao partido judicial de Celanova e non ao de Ribadavia coma hoxe).

Se ve que no pasado non habia televisión e para non aburrirse tiñan varios entretementos, mentres él se adicaba á política progresista (frente a un goberno monárquico manexado cada dous por tres por algún militar) os seus veciños ían tomra os baños a Cortegada, ligar á misa, facer botellón diurno en calquera casa ou liarse a paos cos da aldea veciña nas festas patronais; pero temén traballar de sol a sol sen vacacións pagadas, sen o tope das 8 horas, soportar os impostos do goberno ( e si lle caias mal ao cacique che subía o IRPF) e da Igrexa (dezmos e primicias) e os do marquesito de turno (que por un documento de trescentos anos atrás, o foro, lle tiñas que pagar 700 litros de viño Ribeiro, dez galiñas de Coren, 400 kilos de cereais special kellog´s e outros tantos de centeo.Todo isto por cultivar un terreo do tal duque ou marqués) a iso debía sumrse ó soborno ao cacique para que non fose o fillo ó servicio militar ( e morrer en Cuba contra os nacionalistas cubanos).

Jose ojea, aínda lembrado polos vellos como “Don Pepito”, un revolucionario na aldea, non vivía da literatura ou de subvencións senón dun emprego mítico do século XIX, o de boticario, herdado de seu pai; polo que puido ir á universidade a estudar farmacia, onde contactou con intelectuais como Murguía e Tettamancy, e como bo boticario tiña unha trastenda onde montar tertulias ( de moitos lugares así daquela saían conxuras políticas como a do seu veciño de Ribadavia, Eduardo Chao).

Daquela Galicia xa fora dividida en catro provincias desunidas, onde Madrid enviaba un gobernador político e outro militar, polo cal se controlaba cada provincia sen ter en conta o conxunto, e Pepe Ojea métese nun partido e ós 21 anos consegue ser diputado na Diputación de Ourense ( dal cal se negou a cobrar o seu soldo correspondente), estando nesas unha revolta en 1868 tumba ó goberno da monarquía e ábrese un Proceso Revolucionario en Curso, no cal non sabemos que papel tivo o noso heroe, pero si que en 1873 consegue ser deputado en Madrid(onde acudiu ó lado dos seus compañeiros Paz Novoa e Vázquez Moreiro ) polo partido republicano federal e xurde a Iª República Española.

Os ideais de Ojea e os seus semellan triunfar pero todo vóltase na súa contra en en 1874 un garda civil entra no Parlamento (igual que en 1981) e disólvese a República e desta vez o noso boticario fuxiría a Portugal perseguido polo novo réxime.

Voltaria anos mais tarde, tal vez por algunha amnistía, non se sabe en qué lugar estivo nin o que pasou polo seu caletre, pero desta vez non volta á política, pero sí a Cortegada onde se casa en 1879 con Sofía Domínguez.

A súa obra literaria está toda en castelán, a pesar da súa ideoloxía “nacionalista”, aínda daquela o galego só se usaba para escribir poesía e incluso Manuel Murguía escribiría a súa “Historia de Galicia” en castelán, e ler hoxe a prosa dste boticario resulta farragoso, pero dela extráese como imaxes de holograma, esceas daquela época: a corrupción dos funcionarios do concello, o clero manipulando ó labrego, a éste traballando sen descanso e pagándolle a vida padre aos demais…a sú obra nace do folclore pasando polo naturalismo mezclado con imaxes neoclásicas, deixando ver o entramado socioeconómico e psicolóxico das persoas de Cortegada; como Canedo comenta que certo empresario de transportes en mula da aldea da Barca (hoxe deshabitada) di que ten ó próximo alcalde na corte(o que ven indicando quen era o cacique dos arredores), como o alcalde e o secretario reparten as cantidades que deben pagar os veciños ó Estado Español según lles caian ben ou mal e como un labrego acomodado e obsesionado con ser “señor de cuchillo y horca” consegue que o gobernador o faga alcalde e cometer todo tipo de inxustizas, creando pola súa mala xestión unha banda de ladróns de ideoloxía ultraconservadora (a banda carlista do Aparicio) ata que asesinan ó cabecilla nun cruce do camiño de Refoxón en Louredo.

Pepe Ojea morreu en 1900,según di a web do congreso español dos diputados, pero no 31º Boletín da Real academia Galega manuel Murguía escribe:”Acaba de morir aquel queridísimo amigo cuyo sincero afecto nos mantuvo estrechamente unidos durante más de cuarenta años…”referíndose a Jose Ojea(escrito Ogea) no ano 1909; evidentemente Murguía non escribiría semellante nota necrolóxica nove anos despois do paramento do seu amigo Non? O que si sabemos é que foi un precursor no político e no social, como bo boticario do XIX, e como moi ben murguía dixo:”Que de tu pérdida no podremos consolarnos, ni los que hemos sido tus amigos, ni esta Galicia que tanto amaste, y si es agradecida, no sabrá olvidarte jamás.”

PRODUCCIÓN LITERARIA:

- Prólogo da 1ª edición de “Aires da Miña Terra” do seu amigo Curros

Enríquez(cortegada,1890)

- La visión dantesca (Vigo, 1882)

- Célticos, cuentos y leyendas de Galicia (Vigo 1883) con prólogo de Murguía.

- El mundo rural (Ourense 1890)

- Regalo de la vida (La Habana 1895) novela curta para insertar no semanario “Tierra

Gallega” dirixida en Cuba por Curros Enríquez.

- Gentes sencillas (La Habana 1906) novela publicada no xornal galego “En Marcha”.

- Traducce “Leyendas de la Reina” de Lord Alfred Tennyson.

Amigos famosos seus foron (Paz Novoa, Vázquez moreiro, Curros Enríquez, Serafín Temes,,Sieiro …) representantes do republicanismo reformista (Paz Novoa foi autor da lei de Redención de foros de agosto de 1873) e dos integrantes da “Cova Céltica” (aparece nunha fotografía con Curros Enríquez, Murguía, Eugenio Carré Aldao, Florencio Vaamonde, Francisco tettamancy, Elodio Rodríguez González e Andrés martínez Salazar. Fotografados na Coruña en 1904). Murguía prologoulle o seu libro “Célticos” e Ojea prologou o libro de Curros Enríquez “Aires da miña terra”.