lunes, 7 de mayo de 2012

OS CENTINELAS DO ARNOIA.



O río Arnoia é o segundo afluente en importancia do Miño, adéntrase desde o Miño centroso cara o interior a 84,5 kilómetros dentro da provincia de Ourense, onde nace aos pés da Serra de San Mamede.

É en Vilar de barrio onde comezan os castros a asomarse por riba del, e logo se van alternando a ambas beiras, ata a súa morte no Miño, onde é máis estreitamente vixiado polos castros de Lapela e Carnós.Xusto na súa desembocadura, xa os primeiros habitantes buscaron refuxio entre as rochas(deixando un acubillo baixo un penedo de varios útiles paleolíticos) e conforme nos metemos río arriba os castros vannos seguindo coa ollada, os castros xemelgos de Carnós e Lapela en Arnoia, e tras o canón do Arnoia entre Cartelle e Cortegada(onde se fai prácticamente imposible avnzar por mor dos rápidos) vóltanse erguer os castros da Cividade,Dorniz,Sabucedo…

Alí sobre o Baixo Arnoia a vella tribo dos Coelernos articulouse en torno ao principal río que tiña a man para asegurarse de ter os mellares humedais e pastos para o seu gando, ao tempo que conseguían cribar parte do ouro que daquela todolos ríos Galegos arrastraban, conseguindo máis riqueza con iso, e por si fora pouco, o río tamén traía canda él aos comerciantes, que se deixaban guiar polas augas río arriba e así non perder o seu camiño de volta.De tal forma chegaron os romanos deica alí e no ano 132 D. de C. e procuraron facerse amigos dos Coelernos antes que batallar contra deles e erguer unha ponte no Freixo.

Máis arriba o Arnoia cambia de dono baixo a vista do castro de Armeá e o seu santuario, e logo ser vixiado desde a Peneda da Lebre(A Merca), sen achegarse moito ao Alto dos Touciños(Baños de Molgas) onde o río e a lebre cambian de parecer para xirar cara o Sur e pasar á beira do Porto(Vilar de Barrio) no alto de valdemouro, vixiante do lado esquerdo e do lado dereito o castro de Folón ou Penadiz en Arnuíde(ao igual que no concello de Arnoia Carnós e Lapela) aquí o río é celosamente vixiado, xa que o seu nacemento está próximo na serra de San Mamede.

Os seus habitantes souberon sempre que quen ten un río ten un tesouro, non soamente servía para atraer comerciantes e turismo, senón que daba de beber ós pastos para así ter máis cabezas de gando nun sistema social de príncipes cada vez mais ricos debido ó aumento e mellora da ganadería bovina vinculadaza a zonas húmedas, de pasto e máis abundantes polo aumento da pluviosidade polo cambio de clima(do subboreal ao subatlántico).
Os motivos para estar cerca do río:
. Acceso rápido á auga e fauna para alimetarse(peixes,animais que van beber).
. Sistema defensivo: que é un río senón un foso cheo de auga que corre?
. Posibilidade de captar recursos mineiros(cribando as areas dos ríos obtiñan pebidas de ouro). E aumentar súa riqueza e posibilidades de comerciar.
. Control de vías de comunicación cara o interior.controlando o paso de mercancías.
. Dominio simbólico da paisaxe por parte das élites.
. Vuisibiliade e accesos orientados cara os pastos(de gandería xa estabulada)e as terras de labradío.
Todo isto fixo que sobre os ríos se erguesen varios castros ao longo do seu percorrido( e quen sabe cantos máis agradan por nós) xa que todavía se podía subir río arriba sen ser obstaculizado por ningunha central eléctrica, e a néboa non duraba tanto no val, de ter tanta néboa como temos agora nos meses de inverno seguramente vivirían máis cerca da auga e non alá arriba.

lunes, 16 de abril de 2012

O COTO DE LOUREDO (TOÉN)

O coto de Louredo é un pequeño territorio ourensán situado ao pé do monte Louredo(437 mts.) no actual concello de Toén.

O monte xa estivo habitado nos séculos II-I A. de C. para logo despoboarse esparexéndose a población nos veciños lugares de Santa Uxía,Freixendo.. Aló arriba atopouse un castro, a posterior romanización deixou un santuario a Xúpiter(como en moitos montes galegos como o Coto Novelle) e Diana para logo na Alta Idade media ocupar o lugar un castelo que sería doado polo rei Afonso VII o día 13 de Maio de 1133 ó bispo de Ourense.

Ese castelo de Louredo non só era un lugar de defensa militar, senón tamén centro administrativo do “Coto de Louredo”, pequeño terreo de 7,5 km. No seu eixo Este-Oeste e 8 km. no eixo Norte-Sur, que o monarca galego-leonés Afonso VII(1126-1157) regala ó bispo de Ourense; ó cal un mes antes lle fixera tamén doazón doutros terreos veciños na súa política de atraerse a fidelidade das principias forzas do sur ourensán para contrarrestar a mesma política de atracción de señores feudais por parte da primeira raíña de Portugal,Dona Tareixa(tía súa), que procurava facer medrar seu condado-reino cara o norte facéndose cos territorios de Tui e da limia.

Os límies deste coto de Louredo no estaban moi claros( isto fixo que durante sécalos se entablasen pleitos con outros señores) pero a través dos pergameos podémonos aproximar aos seus lindes daquela, que serían seguindo a liña do Río Miño ata Puga(Toén) e desde alí continúa cara Sabucedo de Montes, aldea que servía de límite coas posesións do mosteiro de Celanova (o outro grande terrateniente ourensán xunto á catedral auriense) ata chegar a Pousafoles, que lindaba co “Vilar de Paio Muñiz”.

As doazóns de Afonso VII á mitra ourensán supuxeron un incremento de cinco veces máis do que xa tiñan o bispo de Ourense, esa privatización dos poderes públicos a favor dos señores feudais laicos e eclesiásticos non supoña unha merma importante nas rendas do monarca, que estaba máis ocupado na Reconquista de terras máis fértiles da Península Ibérica e a súa burocracia era feble demais para soportar o esforzo militar na Sur e antender á vez a administrar directamente territorios no Norte ao tempo que tenta conservar as terras frente ao nacente reino portugués(gobernado por parentes seus).

Descoñécese a data de edificación do castelo de Louredo e as súas características, a data máis antiga coñecida corresponde á do ano 952. nese ano un pequeño señor feudal;Favila, doa a San Rosendo e o seu novo mosteiro de Celanova varias aldeas e homes, e el retírase ao mosteiro familiar que fundara seu fillo Egas, o mosteiro de San Vicente de Louredo “situado baixo o castelo de Louredo”.Un castelo do que apenas fican restos, todo esmorralado xunto ós escombros castrexos, debeu trtarse dunha pequena fortaleza a basedunha torre pequena de non moita altura coa súa cerca, tal vez aproveitando as murallas do anterior castro, vixiando sobre o Miño, non fose ser que os Vikingos que daquela asolaban toda a costa atlántica fosen entrar deica Ourense.

lunes, 16 de enero de 2012

Couto ou Xulgado da Vestiaria(refoxos).


Trátase da vella denominación dun territorio que hoxe comprende as parroquias de San Bieito do Rabiño,Zaparín (S.Martiño) Refoxos (S.Bréximo) Cortegada (Sta.María).

De orixe altomedieval, aparece por primeira vez nun foro do século X (según nos conta FR.Benito de la Cueva no seu tratado do ano 1632:” Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova.”)cando unha muller,Guldregoda doa ó mosteiro de Celanova e a Rosendo Guterres(futuro San Rosendo) o lugar de refoxos cunha capela e varias aldeas.
Durante os séculos XII e XIII é coñecida como Couto de Riba de Miño, tal e como confirma Afonso VII en 1145. A comezos do século XIV xa reibía o nome de Coto da Vestiaria, aludindo o seu nome ó destino das rentas do Couto, a vestimenta dos monxes.
O mosteiro de Celanova tivo problemas para manter o dominio da zona xa desde a baixa Idade Media ata o século XVII, co concello de Milmanda, os casteleiros de Sande e Santa Cruz, a nobreza baixomedieval e os labregos do Coto.
.
En 1218 o rei Afonso IX nomea a Pedro Milite de zaparín casteleiro de Sande(Cartelle) e santa cruz(quintela de leirado) entrando en conflicto co abade de celanova polos límites dos territorios respectivos nos que cobraban rendas, tralo preito o rei prohibe ó casteleiro entrar nos coutos do mosteiro próximos ó castelo.
En 1467 o rei Enrique IV escoita queixas sobre “La Bestiaria les tobo entrado et tomado et ocupado por fuerza e contra su voluntad don Alfonso Pimentel , conde que fue de Benavente, e despues de su fin gelo tiene don Juan Pimentel, su hijo”o rei ordea ós irmandiños que llela fagan devolver ó mosteiro de Celanova.
En 1489, Don álvaro de Soutomaior conde de camiña, e o Mosteiro de Celanova fan un pacto polo cal o señor laico recibe 3000 pares de blancas cada ano e o Mosteiro leva as rendas da barca , tras un preito e varias violencias de servos dfe ambos señores(o preito viña movido por que o lugar onde tamén desembarcaba a barca era Filgueira e pertencía á casa de Fornelos).

En 1673 o renóvase a renta de 66 foros(ordeado desde Valladolid)subindo a súa renta, producíndose tumultos(os cronistas do mosteiro de Celanova falan de que os veciños tentaron asasinar ó monxe cobrador e prenderle lume ó priorado) e un preito que duraría 15 anos.

Ó igual que en Bande a vestiaria tivo concello propio pero sen ser tan belixerante frente ós seus señores.O territorio do Coto da Vestiara cubría tanto montaña onde pastaba o gando como as terrazas vitivinícolas e o río Miño, do cal se podían sacar peixe e as rentas da barca de Filgueira(único punto de paso desde a Guarda ata Barbantes, sendo Ourense a única poboación con ponte).
Coa Desamortización de mendizábal(para paliá-la crise da facenda nacional) desaperecen os dominios do mosteiro e co réxime constitucional fórmase o municipio actual de Cortegada en 1835, eso si, desde 1835 ata 1965 o concello de Cortegada estivo encadrado no partido xudicial de...celanova.

Mateo Guillade,xefe carlista do sur da Galiza.



Mateo Guillade, militar e político galego do século XIX.
Durante a Iª guerra carlista(1833- 1840), os carlistas tentaron organizar en Galicia un auténtico exército, pero non deron pasado máis aló de bandas paramilitares sen coordinación.
Entre os cabecillas destas guerrillas destacou, por breve espacio de tempo, Mateo Guillade, que de seminarista pasou a brigadier do seu propio exército.
DE SEMINARISTA A PARAMILITAR CARLISTA.

Trala destrucción do chamado “Trienio liberal”  o goberno abolutista creou un exército paramiliatr de carácter ultraconservador chamado corpo de voluntarios realistas, o mozo Mateo guillade, natural de Tomiño, que estudiaba no Seminario de Tui colga a sotana e alístase nestas milicias absolutistas. Dez anos máis tarde, vendo que o seu irmán, Carlos Mª,se fai prácticamente co control delas, Fernando VII para garantizar que a súa filla goberne cando el morra, disolve esta milicia.

Cando se proclama a fillade Fernando VII como raíña de España, Carlos María, seu tío ,atópase en Portugal(onde ocorre algo semellante en España, a raíña “legal” non pode reinar porque seu tío, un ultraconservador, lle usurpouo trono e o país se atopa nunha guerra civil)e co apio do rei Miguel, o usurpador forma unha Corte na cal vai xuntando ós seus partidarios(carlistas)  négase a recoñecer á súa sobriña como raíña.Tui tranfórmase nun niño de espías que pasan constantemente a recibir instruccións do pretendente ao trono español.

Mateo Guillade debeu pasar a Portugal, pero ten mala sorte e é apresado polo bando liberal portugués (que finalmente expulsa ao rei usurpador e o español Carlos ten que fuxir co seu exército cara España) que gaña a guerra en 1834, mateo é apresado e pasa dous anos no cárcere en Lisboa.

Cando Guillade consegue fuxir, España xa levaba dous anos envolta na Iª Guerra carlista, en Galicia os carlistas tentaban organizar a táctica militar en torno á Junta Suprema de Galicia por Don Carlos, que estaba presidida polo cura de Freixo, por orde de Carlos Mª. Guillade volta ó campo de batalla pola metade de 1836 e organiza a súa propia partida carlista tras estar na partida do Arcediano de Melide, chegando como reforzo ós conservadores xusto cando máis o necesitaban, xa que a principios de 1836 perderan dous dos seus mellores militares(Antonio López e Martínez Villaverde) e a principios de 1837 voltan perder outros sonados xefes(O señorito de Bullán, Sramiento e Manuel Pérez). Guillade aproveita o baleiro deixado por eles e faise cos depósitos de armas deixados antes por unnha eexpedición carlista de axuda desde Euskadi), pero en vez de permanecer nas provincias de Coruña e Lugo, que ata entón era onde golpearan máis os carlistas, pasa ó Sur de Ourense e Pontevedra, levando a guerra alí.

Nembargantes Guillade non se presentara ás autoridades carlistas galegas, só o coñecen cando Mateo Guillade se presenta ante D. Carlos en Euskadi, que xa nomeara ao cura de Freixo como caudillo carlista en Galicia, Guillade regresa a Galicia contrariado, xa que el pretendía ser o presidente da Xunta Carlista de Galicia, ao non logralo volta a Galicia coa idea d ecrear outra Junta Carlista que o recomende a él como cabecilla en vez do de Freixo, e traslada o seu cuartel de operacións ao Sur galego, que apenas sorfrira aínda a guerra civil carlista, escapando da autoridade e xurisdicción do Cura de Freixo.

Mateo Guillade consegue fama entre os anos 1837-1838, grazas á súa estratexia de invadir vilas importantes durante unhas horas e logo fuxir co que roubaron; estas tácticas lle permiten sobrevivir ante a política vacilante do aquel entón Capitán Xeneral de Galicia.

A súa primeira victoria foi no santuario de Franqueira( A Cañiza)en agosto de 1837 contra dun destacamento liberal, do que deron conta os espías carlistas de Tui que lle permitiu a Guillade facerlles unha emboscada e matar a dous importantes xefes militares de Isabel II.Ao tempose autotitulase Comandante Xeneral do exéricto carlista en galicia e  crea a Junta Carlista del Sur de Galicia co obxectivo de ser él o xefe supremo carlista en Galicia, envinando axentes a D. Carlos pra que lle dera lexitimidade á súa Junta ( e de paso pediría que nomease a un xefe militar “competente” pra Galicia, criticando ao cura de Freixo e insinuando que o indicado era guillade), pero na súa contra tivo ao ministro galego carlista, J. Arias Teijeiro(que vía nel un ambicioso indisciplinado que sería derrotado). En Setembro ataca Entrimo sendo repelido por benito González Losada ó mando da 2ª compañía da Milicia Nacional en Olelas, fuxindo os facciosos por Lindoso. En Outubro xorde unha conspiración ó mando dun vello oficial en Xinzo de Limia e chaman a Guillade, traendo consigo 30 homes, pero os curas de Sabucedo e Pexeiros avisan ás autoridades e D. Gualbeto corcuera fainos retirarse con 3 mortos.

Non contento con isto ataca Paizás(Freás de eiras)con 70 homes.Declárase o estado de sitio en Xinzo,Celanova,Bande,A Cañiza,Ponteareas e Tui.O comandante militar de Ourense sinalaba as simpatías de Xinzo,Bande e Celanova(excepto os pobos de Rabiño e Refoxos)e declara liberales ó Carballiño,Valdeorras,Trives,Entrimo e Lobios.
En Xullo Guillade volta atacar o Miño, pero é atacado por D Alejandro Marquina ó mando da columna de Ponteareas matándolle oito homes(entre eles un crego ourensán)e os facciosos fuxen a Portugal, onde reaviva forzas e ánimos e volta á liña do Miño por Cartelle sendo batidos en Paradela polo rexemento de Monterrei.Ao mes seguinte, estando en Picouto(Ramirás) a columna de Refoxos(acuartelada no vello priorato)bate contra del;o día 29 ao mando de 100 soldados e 20 cabalos atacan Beade, sendo expulsados polas milicia nacional de Cenlle e Ribadavia ó mando do xuíz de Ribadavia.
 

En 1838.Guillade toma Tui co obxectivo de conseguir o prestixio necesario pra conseguir o nomeamento de xefe supremo carlista.

Na madrugada do 2 de Abril de 1838, Guillade entra en Tui, sabendo que estaría case sen protección, disfraza ós seus homes de soldados isabelinos e conseguen invadir Tui con 130 homes contra 50 soldados do rexemento de Monterrei(Verín); os carlistas entran na vila e tentan tomar o edificio da tesourería, pero chegan os portugueses do rexe3mento de Cazadores de Porto de guarnición en Valença, entre todos fan fuxir ós carlistas, pero éstos regresan en canto ven que o rexemento portugués se retira, avanzan pola Corredoira cara a casa do alcalde liberal a tiro limpo pero ó non atopalo capturan á súa muller e lévana ante a catedral pra fusilala, tivo sorte que o bispo de Tui saíu na súa defensa e logo consegiu que os carlistas non lle prenderan lume a parte da vila desde onde os atacaban, retirándose cara Ponteareas e logo cara a serra do Suído fuxino ds tropas liberais.
O 14 de abril de1838 reaparece en Xinzo de Limia, atacando á súa feira(pra conseguir botín) e entablando combate en Laza contra dunha columna volante provinte de Ourense, que os fai fuxir cara Portugal, onde atopan refuxio e armas, para voltar en Marzo a atacar o sur de Pontevedra, atacando desta vez á Guarda.

O 1 de Xuño de 1838 Guillade ataca a vila da Guarda con 60 homes contra unha pequena guarnición de carabineiros(gardas de aduanas), que ó sabelo abandonan á vila e dan a alarma nas poboacións veciñas, das cales regresan con máis efectivos das milicias urbanas, quer fan fuxir ós carlistas e matar a algún deles na súa retirada.
MORTE DE GUILLADE E DESFEITA DA SÚA PARTIDA.
Vendo cómo se torna a súa sorte Guillade volta a ourense e reforma a súa partida  conseguindo reunir 200 homes cos que ía e viña ao longo da fronteira portuguesa sobre todo polas terras de Celanova, onde según as autoridades é ben recibido(excepto en Rabiño e Cortegada que mantañen a súa Milicia Nacional). toma durante unhas horas a vila de Allariz cun centenar de homes, onde cometen varias tropelías incluso entre os civís, sendo expulsado polas forzas do novo capitán xeneal de Galicia;jerónimo valdés, e dos seus dous mellores oficiais, o marqués de Astáriz e Marquina. Expulsado da provincia volve á provincia de Pontevedra,onde asalta varios pobos(Prado de Covelo...) sendo expulsado por Marquina e Astáriz.

A finais de 1838 os xefes militares Alejandro Marquina e o Marqués de Astariz forman unha estratexia, facendo unha pinza(como a dos exércitos nazi e ruso na II Guerra Mundial) entre Melgazo e Pontedeva,a comezos de Agosto o rexemento de Monterrei mandado por Marquina patrullea o linde con Portugal entre Melgazo e Castro Leboreiro co rexemento de Monterrei mentres a outra parte operaban en Ponteveda e Trado, Guillade entra e tenta tomar o forte de Refoxos (cerca das vellas posesións do marqués de Ximonde, un dos principais valedores dos guerrilleiros carlistas) ó mando do subtenente Nicolás López as tropas xúntasanse e coa axuda de varios naturais do concello de Cortegada e as tropas do rexemento de Monterei ó mando de Alejandro Marquina e Ramón Carpintero fan fuxir ós carlistas.Os guerrilleiros facciosos fuxen ás montañas ara o santuario do Val,créndose libres da persecucíón do exército regular acampan en Escudeiros(Ramirás) pero chegan os soldados e guillade cae morto ós primeiros tiros(xunto a 24 faccioso máis, un dos oficiais mortos era coñecido como "o fillo de Manuela castro de Valongo"); o seu corpo foi enviado de Refoxos a celanova e logo a Ourense, sendo exposto ao público na Horta do Concello (lugar usado habitualmente para expoñer bandidos e crimnais axusticiados)sendo degolado e posta a súa cabeza no Polvorín(ourense), a lenda popular afirmaría que Mateo Guillade foi morto e degolado polo seu propio sobriño.

 Morto Guillade a súa partida desaparece.prácticamente; lle sucede no mando D. José Gil y Araújo (Fidalgo) que fuxe cos efectivos que non foron  feridos ou mortos, pero morrea os poucos días e a partida divídese  en tres seccións: unha , ao mando de Antonio Vázquez Pobadura, que é capturado e fusilado o 29 de agosto de 1838 en Ourense, despois de confesar e acusar como carlistas de quinta columna a varias persoas (que serían logo procesadas) Outra sección estivo ao mando de Veloso, que morre en abril de 1839 en san Paio de Abades. A terceira sección estaba ao mando de Francisco Var e Antonio Almeida,que morren en Refoxos en xaneiro de 1839.