O vudú é unha relixión animista cunha variante teísta, orixinaria do golfo de Benín(ó longo
dunha zona que se extende desde Ghanaata Nixeria e Togo) e
que se extendeu ao Caribe a través da trata de escravos dos imperios
europeos a partir do século XVI.
Historia
Concretamente o
vudú desenrolouse en Dahomey(actual Benín), nesta rexión atopábase o
vudú orixinalmente entre os fon, os ioruba e os ewe; estas etnias están
organizadas a través da etnia, o poboado, a familia e o liñaxe. Cada un
deste grupos posee seus propios"vodu" o "vodum", divindades ancestrais e
tutelares. O culto ós mortos(chamado egun gun) permite reunir ás
familias e etnias e asegura a continuidade do culto.
As cerimonia
steñen lugar en santuarios, nelas báilase a ritmo dos tambores e
ofrécense sacrificios animais(bois,cordeiros ou galiñas) ó vodum pra
conseguir seus favores. Os sacerdotes, voduno ou huno, encárganse d
eguiar ós fieis nas relacións cos deuses interpretando seus mensaxes; as
divindades interveñen no curso das cerimonias a través do corpo dos
fieis, case sempre no corpo dos iniciados(ou hunso) cando un individuo
entra en trance dise que se convirte no "cabalo" dun "espíritu".
Nembargantes
as relacións entre os diferentes grupos étnicos do golfo de Benín
estiveron marcadas por tensiósn, antagonismos e batallas puntuais que
incidiron na vida relixiosa. así,a principios do século XVIII, a familia
real da cidade de Abomei, nun intento de extender o seu poder decidiu
levar a cabo unha centralización do culto vudú integrando certas
divindades dos seus inmigos, os ioruba. Os sacerdotes, ata ese momento
independentes do poder político, vírons eobrigados a convertirse en
dignatarios da corte de Abomei; algúns espíritos quedaron excluidos,
mentres outros foron impostos no reino como vodum públicos. Un
deles,Agasú, é o antergo fundador da liñaxe real de Abomei, considerado
pola lenda como fruto da unión entre unha muller e unha pantera.
Organización interna do cultu vudú en África
O panteón de deuses de Dahomei está organizado en tres clases:
*deuses do Ceo(Gu,deus do lume,Hevioso, familai de espíritus do trono)
*Deuses da terra(Sakpata, encargado d eloitar contra pandemias)
*Deuses da auga(como Agwé, deus da pesca)
En
Benín existe a crenza nun ser supremo, a deusa Mawu, xunto co seu irmán
xemelgo Lisa, sen recibir culto algún a parella Mawu_lisa está
considerada como xefe de tódolos vodum e delega seu poder na terra ó
servicio dos humáns.
Cada familia e cada individuo honra a seus
propios vodum, así un dos mais importanes no século XVIII no reino de
Oio(actual Nixeria) era Fa, espíritu da adiviñación que revela ao
individuo o vodum que debe honrar, así como os ritos apropiados pra
obter seus favores ou aplacar a súa cólera. Xunto a Fa, personificación
do destino, atópase Legba, o tramposo, que é quen permite esquivar o
sino, representado o cambio e a contestación e abre os camiños car aos
humáns das outras divindades; atópase na entrada dos templos e casas dos
xefes de familia e é invocado ao principio de cada cerimonia.
A
parella de deuses Dambala wedo e aida Dewo,representados na serpe arco
iris, son unha parella encargada de asegurar o vínculo entre o
relámpago(o ceo) e o mar.
Expansión cara o Caribe
No
arquipélago das Antillas, Haití, convírtese en "La Española" no ano
1492, a poboación nativa foi exterminada debido ós malos tratos e
traballos forzados nas minas de ouro, polo que o Imperio Español
decide traer escravos de África, desembarcando os primeiros en 1503 pra
sustituír aos escravos indíxenas americanos. Os franceses vans
einstalando na illa ata conquistala toda pra eles, a Compañía de Indias
Francesa provee de escravos á illa que tralo tratado de Ryswick cede a Franciaun terzo da illa, que recibe o nome de Santo Domingo.
A
maior parte das etnias africanas estarán representadas en Santo
Domingo, pero destacan en número os fon de Dahomey xunto ós ioruba de
Nixeria, que serven de base unificadora ó conxunto das prácticas
relixiosas dos escravos, apesares de que os capataces, amos e
misioneiros tentan anular a cultura africana.
O vudú convírtese
nunha relixión perseguida, polo que o seu culto é clandestino,
nembargante aproveita rituais do cristianismo imposto pra disfrazar o
vudú reealborando a relixión a través do culto aos santos católicos, os
sacramentos e todas as grandes festas litúrxicas creando con todo iso un
dispositivo protector das crenzas africanas.
Os misioneiros e
administradores denuncian "as danzas e asembleas de negros" realizadas
ao son do tambor e susceptíbeis de convertirse en ocasións d erevoltas e
alzamentos; apesares das prohibicións e represión o vudú consigue
sobrevivir á sombra das cerimonias católicas; oo novo entusiasmo polo
culto católico os amos decátanse de que os bautizados á forza e tan
"devotos" non son tan inocentes como semellan.
a segunda forma de
resistencia do escravo era fuxir,un cimarrón, a lugares inaccesibles
pros amos(as montañas de Bahoruco) onde se unian con outros compañeiros
formando unha nova comunidade económica, política e cultural. O vudú
coloniza as montañas grazas a estas comunidades de escravos fuxidos,
sobre todo porque a maioría de cimarróns eran bossales ou escravos recén
desembarcados e sen acultural polos brancos; o vudú favorece a
integración e sentimento de identidade común da xente de diferentes
etnias. Debido ó obxectivo destas comunidades, erradicar a escravitude, o
escravo cimarrón aprende todos os recursos da maxia, posto que os
dirixentes dos campamentos de cimarróns son sacerdotes do vudú.
neste
contexo comezaron a xurdir líderes cimarróns, reputado como "bruxos",
que profetizan o exterminios do sbrancos e a liberación dos escravos;
entre eles famoseou François Makandal, xefe cimarrón e sacerdote vudú
que entre 1750 e 1791 fixo cundir o terror entre os amos brancos debido a
que moitos deles morrían en velenados, ademais de que repartía entre os
escravos poderosos talismáns, chamdos "gardacorpos", que pensaban que
os farían invulnerábeis ás armas de fogo e iso quitáballe stodo temor ós
opresores."Makandal" convirtiuse logo nun termo pra designar os
talismáns e drogas fabricadas en santo Domingo.
A cerimonia do Monte Caimán
a
pesares da prohibición das festas vudú e markandales, a Revolución
Francesa e a Declaración dos Dereitos do Home e do
Cidadán chegan a oídos dos escravos,
que se decatan que éo momento propicio pra desfacerse da opresión dos
brancos. O novo xefe cimarrón, Boukman, dá o sinal de revolta a todos so
campamentos cimarróns e plantacións da illa o dìa 14 de agosto de 1791.
Ese
día reúnense varios xefes cimarróns e no marco dunha cerimonia vudú,
presidida por Boukman, chamada do Monte Caimán, os escravos reunidos
selaron un pacto que se sacralizou e xuraron morrer antes que vivir
baixo o dominio dos amos. Entre os participantes repartiuse sangue dun
cocho negro sacrificado, mentres Boukman chamaba á vinganza en nome dos
deuses dos antergos, o día 22 prodúcese a insurreción xeral dos
escravos.
Durante 2 meses os escravos rebeldes conseguen vencer
aos colonos, Boukman morre e surxen novos dirixentes como Toussaint
Louverture, o 29 de agosto de 1793 os revolucionarios franceses envian
unha comisión, un dos delegados, Sonthonax proclamaa abolición da
escravitude na illa. Louverture defende Santo Domingo da invasión dos
ingleses(que tentaba invadir a illa coa xuda ds colonos franceses e
restaurar a escravitude)e log contra un corpo expedicionario enviado por Napoleón. Finalmente a illa consegue a súa independencia o 1 de
Xaneiro de 1804.
O vudú en Haití independente e na ocupación estadounidense
Os
primeiros xefes de Estado(Toussaint,Louverture,Dessalines,Pétion...)
tentaron reducir a influencia do vudú mediante persecucións
sistemáticas, xa que elexir o catolicismo como relixión oficial lles
axudaría a tratar cos países europeos sobre certa base igualitaria. A
ideoloxía racista do XIX atopa no vudú un alimento inagotable, en 1860
fírmase un concordato co Vaticano.
Empréndense campañas de denigración do vudú periódicamente e é expulsado
á clandestinidade, surxindo só á luz cando algún rumor escandaloso o
fai aparecer nos xornais, sendo incluso considerado como principal
atraso da civilización en Haití; esa imaxe sería promocionada polos
estadounidenses, que afirman qe os negros sonincapces de gobernarse sós e
que practican ascrificios cruentos con animais e nenos, en 1915 os
marines invaden Haití e coupan a illa até 1915, durane estes anos
"pacifican" aos labregos, escravizándoos pra construir estradas e
facéndolles campos de concentración( en Chalbert) e executan aos
rebeldes e destrozan os templos vudú, mezclandoa crentes da relixión con
independentistas pra así manchar a sñua imaxe no estranxeiro; xorde o
mito do "zombie", que servirá como argumento nas películas(White
Zombie,1932) basándose en presuntas testemuñas e aproveitando unha lei
de 1835 que encarceraba aos creadores de maleficios.
Outra vez na clandestinidade, os sacerdotes vudú poñe en práctica
estratexias pra envolver o culto de misterio e prestixiar o seu poder,
menre so Estado e a Igrexa póñense de acordo pra queimar templos e
obxectos de culto encarcerándo ós ougan.
Sometido durante o imperialismo europeo ás persecucións conxugadas do
Estado e a Igrexa e logo á negación das elites haitianas no XIX e ata
1930 o vudú segiu sobrevivindo, sendo uns dos seus piores males a
explotación polñitica que fixo del o réxime dictatorial dos Duvalier.
O código penal que castigaba con cárcere a realización de "prácticas
supersticiosas" estivo vixente desde 1835 ata 1986, para disuadir ós
seus enemigos os sacerdotes fixeron sociedades segredas, aliáronse con
xefes locais e extendían unha fama de ser moi perigosos cos velenose
maleficios como argumento disuasorio ante un ataque.
Este aspecto negativo do vudú foi usado por François Duvalier pra
eternizarse no poder, financiando cerimonias e a ougans entre o 1957
-1971, coa caída do réxime en 1986,a xente botouse á rúa pra vingarse
dos opresores, sendo executados pola xustiza popular os
toton-macoutes(gestapo de Duvalier) e algúns ougans acusados de facer
bruxería a favor do dictador. Isto foi aproveitado polos pastores
protestantes que intesificaron as súas campañas anti-vudú mezclando aos
ougan cos toton-macoutes.
A nova constitución democrática de 1987 suprimiu a tradicional
persecución do vudú, mais as seitas relixiosas cristiás (baptistas,evanxelistas,pentecostelianos,testemuñas de
Xehová ...) segue gañando campañas chegando ás capaspobres e basando as
súas prédicas botando todas as culpas no vudú,a aprte das consabidas
amezas do inferno por practicar unha relixión pagana, sobre tdo con
confesións públicas de "adeptos arrepentidos" que se convirten e
declaran que pactaran co demo.
Crenzas
Existe unha deidade suprema xemelga,Wamu-Lisa, pero non reciben culto, quen o reciben son os lwa ou loa, xenios sobrenaturais(Legba,Ogu,Barón samdi,Ezili freda,Primo azaka,Mamá Brigitte etc) que sirven de intermediarios entre a parella suprema Wamu_lisa e a humanidad,tendo cada un deles unha "persoalidade" diferente e múltiples modos de ser alabados (por cancións, bailes, símbolos rituais...). Non existe unha estructura relixiosa homogénea con dogmas, un sacerdote vudú ou "ougan"(home) ou mabo(muller) ten a función de porse en contacto cos lwas e sendo poseído por eles.
Os lwa ou loa aparecen reagrupados en familias(paralelo das diferentes etnias africanas) chamadas "nacións"(nanchon en criollo) que se dividen en diversos ritos; cada rito distínguese por un ceremonial particular con saúdos,aoracións, aclamacións, bailes, instrumentos musicais e certos animais para o sacrificio:
*Rito Rada: honra a espíritus de Dahomey e espíritus acuáticos, considerados como lwa bós ou loas de Guinea, constituindo o rito principal do vudú polo que as cerimonias de iniciación fanse de acordo con el. Na familia dos Rada atópanse os loa Dambala e Aida Wedo,Aqwé, así como a loa Ezili(considerada tanto Rada como Petro).
*Rito Petro: os loa deste rito proveñen da súa maioría dos escravos integrados en [[Santo Domingo]], son especialmente vengativos e usados en prácticas máxicas, chamados loa amragos polo seu contraste cos loa rada(que son doces). A este rito que rixe o elemento do lume, pertencen Ogu Feray, igualmente pertencen outros loa Rada e Kongo no seu aspecto violento.
*Rito Kongo: corresponde ós lwa de orixe [[bantú]],menos populais que os Rada son reconocidosa veces polo sacrificio canino e pola exuberancia dos sacrificios.
A clasificación dos loa nos ritos non é moi estricta e hai ritos secundarios que se asocian a xenios de outro rito; de ahí que non todos os loa teñan a mesma importancia, existindo unha xerarquía, existe un lwa considerado como xefe. Legba, ou Papá Legba(coñecido en Cuba como Elegba ou Ogu e en Brasil Eshu)unha especie de xenio psicompompo e protector,abrindo o camiño dos lwa car aos humáns. Situado xerárquicamente despois de Legba aparece Ogu o vermello, seguido de Barón samedi.
Existe tamén un culto aos defuntos(a quenes teñen que coidar pola paz dos vivos así como servir de conselleiro e dar coñecementos sobre plantas ou conceder riqueza) e aos xemelgos(pola súa identificación co deus andróxino Mawu-Lisa e teñe gran poder)
Prácticas
As cerimonias en honor ós loas desenrólanse en templos ou santuarios, os templos(oufó) son edificios cun peristilo consagrado que ten no seu interior un poste sobre unha peana chamdo poteau-mitan, eixo profusamente decorado con motivos xeométricos, da relación entre o mundo celeste e o terrestre e constitúe a vía rela dos lwa pra reunirse coa xente, arredor da peana do poteau-mitan deposítanse ofrendas e fanse debuxos simbólicos ou [[vèvè]], atraídos por estes signos e os redobles de tambor(tambores asòtò) e os lwa acuden a bailar no corpo dos fieis cando estes entran en trance.
Os loa están adicado ao servizo das persoas, conceden seus favores ó ser ben recibidos e "alimentados"; pra un contacto estreito úsanse rituais precisos de acollida, posesión, iniciación e maridaxe místico son formas privilexiadas para contactar pra coñecer o destino, a falta de poder modificalo.
O culto practícase tanto a nivel ndividual como colectivo. Cad persoa dispón dun loa -rasinrecibido por "herdanza" familiar) e lle fai un pequeno rogatorio no dormitorio da casa cunha estampa dun santo católico correspondente(SAn Xoán BAutista é Chango, a Virxe é Brigitte,SA Pedro é Papa Legba...) e unha vela pra chamalo. A nivel colectivo os crentes únense a unha cofraría dun templo.
O oufó é o templo, onde hai chozas propias ,a modo de capelas, consagtadas a loas diferentes; a veces un templo está dicado a un só loa en especial, e outras comparte culto de varios loa, incluso tendo dous peristilos , un pras os loa "doces" e outro pros loa "amargos". O peristilo do oufó é a sala de baile e onde se atopa o altar central(ou pedji, onde se colocan os obxectos enblemáticos dos loa, cántaros coas súas cores, botellas,bonecos,etc) e o poteau-mitan(poste sobr eun zócalo onde se depositan as ofrendas); nesta gran sala colócanse os tres tambores sagrados de tamaño diferente( o tambor principa ou "manman tambour",o segundo e o boula, o máis pequeno).
Ningunha ceremonia é igual ás outras, cada sacerdote(Ougan se son homes, manbo se son mulleres) ten seus ritos preferidos e desenrólase como unha obre teatral na que todos son actores dirixidos polo ougan ou manbo. Inicia primeiro as letanías dos santos, oracións e cánticos tradicionais axitando o seu asson(unha maraca feita con cabaza e semillas) logo pasa ás invocacións dos loa(o primeiro sempre,Legba) e despois fai o rito do jété-dlo(asperxe auga desde o poteua-mian ós 4 puntos cardinais) a orquestra comeza a tocar a percusión e os "iniciados" bailan.
Unha cerimonia vudú normal componse dúas secuencias :
*Primeiro os ritos de entrada, desfiles de bandeiras do oufó, saúdos ós obxectos sagrados, ritos de orientación dos obxectos "delimitando" o espazo consagrado; longo cantando longa soracións católicas e letanías de santos van as invocaións ós diferentes loas. Comézase a bailar ó son dos tambores.
*Segundo, o sacrificio, ou manjè-lwa(xa que os loa que participen na cerimona deben "comer" pra ter a suficiene forza pra conceder favores), o sacrificio está dirixido por un ou varios iniciados ou cofrades, que mercan en común os animais preferidos(cabrito, ovella, boi ou aves de corral) dos loa dos que se agrada que comparezan.
O sacrificio é oficiado por un cofrade, ornado cun pano vermello na testa, proba as ofrendas colocados ó pé do poteau -mitan(platos de comida de millo tostado, pastel e licores) e diante do animal, que se convirte nél ante o lwa, se o animal come dos aliemntos preparados é interpretado como unha boa disposición dos loa para cos crentes. O animal sacrificado foi preparado con anterioridade(limpado a cabeza, colo e patas, decorado con panos dos cores do loa a chamar, e perfumado) ao igual que o sacrificador(tomando baños d epurificación). O animal é degolado e o sacrificador beb unhas gotas do seu sangue e o carga ás costas mentres os cofrades frótanse contra del ou santigúanse co seu sangue.
Tralo sacrificio o animel é orientado caraos 4 puntos cardinais en sinal de ofrecemento ós loa, logo é despezado e cocido fóra do peristilo nuns buratos do patio do templo. Nembarganmtes o importante das cerimonias é a manifestación dos loa, a través da "posesión" dun crenteos lwa acuden tralo debuxo no chan do seu respectivo vèvè os redoblesd etambor e os cantos específicos. É cando algún feligrés é "poseído" e fai xestos que lembran ó comportamento simbólico dun loa en particular( se cae ó chan e repta e saca a língoa é que se trata do loa Dambala,etc) e dáselle un obexcto típico do loa: si se trata de ogu dáselle un sabre, se é Zaka dáselle unha pipa e unha saca de labrego...
A veces un loa pode "posuír" a varios danzantes á vez, sendo mais perigoso o primeiro momento do trance xa que o loa apodérase con brusquidade do seu "Cabalo", o crente, e o sacerdote, a manbo ou o ougan, ten que facer que a persoa en trance xire sobre sí mesma pra non perder o equilibrio axudado spolas compañeiras da persoa en trance. A medida que mudan os ritmos d etambor interveñen outros loa debido a que o trance se contaxia e os loa proban as ofrendas.
As e os sacerdotes deben saber limitar ao loa, xa que sabe dos xestos rituais que fagan que o loa fique ou marche, nembargantes o trance,a aparición dun loa na cerimonia significa qu ésta foi un éxito; sen a protección deles as persoas poden ser obxectivos de todo tipo de forzas espirituais(almas de mortos, malos espíritos incontrolados,etc)
Debido ás prohibicións e persecuciósn, o vudú camuflouse con festas católicas(ó ser ésta a relixión imposta) así o Nadal é a noite dos baños da sorte, o día de reis é o día de aninovo, o día 1 de Novembro é a festa dos Guedé, os loas da morte(En Galicia durante séculos usouse o día 2 de Novembro pra facer banquetes sobre as tumbas, este costume foi prohibido polos bispos debido ó escándalo que lles producía ver usado o interior das igrexas como lugar de banquetes dos ricos soterrados). A cuaresma saen cofrarías e bandas de rara circulando polas rúas ó són das vaccine, trompetas de bambú. As grades festas patronais adicadas a santos son á vez grandes festividades vudú:16 de Xullo día da Virxe do Carmelo está consagrado a Ezili, o 26 de xullo de santa Ana corresponde á nai de Ezili, o 25 de xullo día de Saniago é o tamén o día de Ogu.
Arte Vudú
Tras fixar un imaxinario orixinal e forxar a identidade de [[Haití]], o vudú comezou a expresarse coa arte a través da danza,a literatura,(mitoloxías) e a pintura haitiana. En 1906 Antoine Innocent fai aparecer de modo positivoo vudú nunha novela(Mimola),nos anos 50 Jacques Stephen Alexis no seu libro "Les arbres musicians" evoca unha atmósefra de misterio , mentres nos 60 o poeta René Depreste exorciza o seu odio cara a opersión colonialista ianqui no seu Arc en ciel poru l;Occident christien,e en 1988 rené Depestre obtivo o premio Renaudot con "Hadriana de tous mes rêves".
En 1940 Dewitt Peters da a coñecer o arte de Héctor Hippolite, Saint Brice(sacerdotes hoygans) e Préfete Duffaut(que di pintar por mandato divino),usando un estilo moi näif de cores brillantes e composición sinxela.André Breton merca en 1944 varias obras de Héctor Hippolyte-sacerdote vudú e pintor- a quen calificou de surrealista. A pintura haitiana desta época é pintura relixiosa e usa iconos católicos pra amosar aos loa(así San Pedro representa a Barón Samedi, Santiago matamoros a Ogu Batala, San Cosme e San Damián son Obatala e Odudua, a Virxe dos Dores é Ezili, San xosé é Loko,San Xoán Bautista é Chango,etc)
Nestas pinturas tiveron unha grande influencia as cromolitografías católicas na elección de cores, tonalidades e armonía das cores, pero os vèvè(símbolos dos loa) son elementos básicos do vudú e parecen ter unha acción mais determinante na pintura haitiana. Na liturxia vudú cada cor representa a un loa(Legba o vermello,Zaka o azul,Barón Samedi o Negro e o violeta,Dambala o branco...) aparte de ter un significado propio e a pintura sufre esa influencia: Por outra banda as liñas teñen un valor cósmico:a horizontal é a materia, a cruz o encontro do espíritu e a materia signo de Legba e xesús, a circunferencia símbolo de Dambala e do home que se convirte no centro de todo.
Nas chamadas artes aplicadas, fanse figuras dos loa a partir de metais recortados con siluetas, así como a decoración dos templos(oufó) con pinturas de vèvè e de santos católicos(que en realidade son loas),así como os motivos xeométricos que inzan toda a superficie dos poteau-mitan. Nembargantes algúns obxectos usados nas liturxias están moi decorados con lazos e flores nos altares e os wanga(fetiches ou paquetes máxicos con poderes pra defenderse), así como collares e redeciñas feitas con vértebras de serpe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario