lunes, 16 de abril de 2012

O COTO DE LOUREDO (TOÉN)

O coto de Louredo é un pequeño territorio ourensán situado ao pé do monte Louredo(437 mts.) no actual concello de Toén.

O monte xa estivo habitado nos séculos II-I A. de C. para logo despoboarse esparexéndose a población nos veciños lugares de Santa Uxía,Freixendo.. Aló arriba atopouse un castro, a posterior romanización deixou un santuario a Xúpiter(como en moitos montes galegos como o Coto Novelle) e Diana para logo na Alta Idade media ocupar o lugar un castelo que sería doado polo rei Afonso VII o día 13 de Maio de 1133 ó bispo de Ourense.

Ese castelo de Louredo non só era un lugar de defensa militar, senón tamén centro administrativo do “Coto de Louredo”, pequeño terreo de 7,5 km. No seu eixo Este-Oeste e 8 km. no eixo Norte-Sur, que o monarca galego-leonés Afonso VII(1126-1157) regala ó bispo de Ourense; ó cal un mes antes lle fixera tamén doazón doutros terreos veciños na súa política de atraerse a fidelidade das principias forzas do sur ourensán para contrarrestar a mesma política de atracción de señores feudais por parte da primeira raíña de Portugal,Dona Tareixa(tía súa), que procurava facer medrar seu condado-reino cara o norte facéndose cos territorios de Tui e da limia.

Os límies deste coto de Louredo no estaban moi claros( isto fixo que durante sécalos se entablasen pleitos con outros señores) pero a través dos pergameos podémonos aproximar aos seus lindes daquela, que serían seguindo a liña do Río Miño ata Puga(Toén) e desde alí continúa cara Sabucedo de Montes, aldea que servía de límite coas posesións do mosteiro de Celanova (o outro grande terrateniente ourensán xunto á catedral auriense) ata chegar a Pousafoles, que lindaba co “Vilar de Paio Muñiz”.

As doazóns de Afonso VII á mitra ourensán supuxeron un incremento de cinco veces máis do que xa tiñan o bispo de Ourense, esa privatización dos poderes públicos a favor dos señores feudais laicos e eclesiásticos non supoña unha merma importante nas rendas do monarca, que estaba máis ocupado na Reconquista de terras máis fértiles da Península Ibérica e a súa burocracia era feble demais para soportar o esforzo militar na Sur e antender á vez a administrar directamente territorios no Norte ao tempo que tenta conservar as terras frente ao nacente reino portugués(gobernado por parentes seus).

Descoñécese a data de edificación do castelo de Louredo e as súas características, a data máis antiga coñecida corresponde á do ano 952. nese ano un pequeño señor feudal;Favila, doa a San Rosendo e o seu novo mosteiro de Celanova varias aldeas e homes, e el retírase ao mosteiro familiar que fundara seu fillo Egas, o mosteiro de San Vicente de Louredo “situado baixo o castelo de Louredo”.Un castelo do que apenas fican restos, todo esmorralado xunto ós escombros castrexos, debeu trtarse dunha pequena fortaleza a basedunha torre pequena de non moita altura coa súa cerca, tal vez aproveitando as murallas do anterior castro, vixiando sobre o Miño, non fose ser que os Vikingos que daquela asolaban toda a costa atlántica fosen entrar deica Ourense.