jueves, 28 de marzo de 2013

As "bruxas" de Beade(O Ribeiro) e Filgueira(Crecente).

O 24 de agosto de 1575 coas arcas públicas(a facenda real) nunha segunda quebra a pesares das riquezas arrapiñadas de América, celebrouse un auto de fe pola Inquisición en Compostela.

Entre os condeados ían dúas labregas da Encomenda de Beade, Catalina Estévez e Dominga da Serra, en pleno ano de fame e crise económica do imperio español a Inquisición necesitaba encher as súas arcas.

Según os arquivos, estas mulleres, eran eficacísimas invocadoras de demos e tiñan superpoderes grazas a pautos feitos con eles, non se sabe da súa sorte; se foron queimados por seren os primeiros galegos acusados de feiticería ou se só lles embargaron os bens con vergonza pública duns azotes e o escarnio de ver o seu nome nun cartel colgado na igrexa.

O caso da "bruxa" de Filgueira(Crecente, Pontevedra) sucedeu en 1609. Tras pasar por Filgueira o inquisidor foi acusada de ser feiticeira unha vella do lugar, Ana Rodríguez, que tras reunir contra ela varias testemuñas e ser torturada foi condeada a saír en auto de fe na catderal de Compostela diante de todos na misa maior con insignias de bruxa(o sambenito) onde se lle leu sentenza e foi paseada polas rúas semiespida recibindo cen azotes ao memso tempo que o pregoneiro o proclamaba aos veciños, despois foi desterrada de Compostela e Filgueira por tres anos.

As únicas faltas serían as de ser timadoras relixiosas, xa que usando de certas herbas e rituais inventados procuraban sanar á xente que lles ía pola porta cunha pouca superstición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario