lunes, 7 de mayo de 2012

OS CENTINELAS DO ARNOIA.



O río Arnoia é o segundo afluente en importancia do Miño, adéntrase desde o Miño centroso cara o interior a 84,5 kilómetros dentro da provincia de Ourense, onde nace aos pés da Serra de San Mamede.

É en Vilar de barrio onde comezan os castros a asomarse por riba del, e logo se van alternando a ambas beiras, ata a súa morte no Miño, onde é máis estreitamente vixiado polos castros de Lapela e Carnós.Xusto na súa desembocadura, xa os primeiros habitantes buscaron refuxio entre as rochas(deixando un acubillo baixo un penedo de varios útiles paleolíticos) e conforme nos metemos río arriba os castros vannos seguindo coa ollada, os castros xemelgos de Carnós e Lapela en Arnoia, e tras o canón do Arnoia entre Cartelle e Cortegada(onde se fai prácticamente imposible avnzar por mor dos rápidos) vóltanse erguer os castros da Cividade,Dorniz,Sabucedo…

Alí sobre o Baixo Arnoia a vella tribo dos Coelernos articulouse en torno ao principal río que tiña a man para asegurarse de ter os mellares humedais e pastos para o seu gando, ao tempo que conseguían cribar parte do ouro que daquela todolos ríos Galegos arrastraban, conseguindo máis riqueza con iso, e por si fora pouco, o río tamén traía canda él aos comerciantes, que se deixaban guiar polas augas río arriba e así non perder o seu camiño de volta.De tal forma chegaron os romanos deica alí e no ano 132 D. de C. e procuraron facerse amigos dos Coelernos antes que batallar contra deles e erguer unha ponte no Freixo.

Máis arriba o Arnoia cambia de dono baixo a vista do castro de Armeá e o seu santuario, e logo ser vixiado desde a Peneda da Lebre(A Merca), sen achegarse moito ao Alto dos Touciños(Baños de Molgas) onde o río e a lebre cambian de parecer para xirar cara o Sur e pasar á beira do Porto(Vilar de Barrio) no alto de valdemouro, vixiante do lado esquerdo e do lado dereito o castro de Folón ou Penadiz en Arnuíde(ao igual que no concello de Arnoia Carnós e Lapela) aquí o río é celosamente vixiado, xa que o seu nacemento está próximo na serra de San Mamede.

Os seus habitantes souberon sempre que quen ten un río ten un tesouro, non soamente servía para atraer comerciantes e turismo, senón que daba de beber ós pastos para así ter máis cabezas de gando nun sistema social de príncipes cada vez mais ricos debido ó aumento e mellora da ganadería bovina vinculadaza a zonas húmedas, de pasto e máis abundantes polo aumento da pluviosidade polo cambio de clima(do subboreal ao subatlántico).
Os motivos para estar cerca do río:
. Acceso rápido á auga e fauna para alimetarse(peixes,animais que van beber).
. Sistema defensivo: que é un río senón un foso cheo de auga que corre?
. Posibilidade de captar recursos mineiros(cribando as areas dos ríos obtiñan pebidas de ouro). E aumentar súa riqueza e posibilidades de comerciar.
. Control de vías de comunicación cara o interior.controlando o paso de mercancías.
. Dominio simbólico da paisaxe por parte das élites.
. Vuisibiliade e accesos orientados cara os pastos(de gandería xa estabulada)e as terras de labradío.
Todo isto fixo que sobre os ríos se erguesen varios castros ao longo do seu percorrido( e quen sabe cantos máis agradan por nós) xa que todavía se podía subir río arriba sen ser obstaculizado por ningunha central eléctrica, e a néboa non duraba tanto no val, de ter tanta néboa como temos agora nos meses de inverno seguramente vivirían máis cerca da auga e non alá arriba.