lunes, 16 de enero de 2012

Couto ou Xulgado da Vestiaria(refoxos).


Trátase da vella denominación dun territorio que hoxe comprende as parroquias de San Bieito do Rabiño,Zaparín (S.Martiño) Refoxos (S.Bréximo) Cortegada (Sta.María).

De orixe altomedieval, aparece por primeira vez nun foro do século X (según nos conta FR.Benito de la Cueva no seu tratado do ano 1632:” Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova.”)cando unha muller,Guldregoda doa ó mosteiro de Celanova e a Rosendo Guterres(futuro San Rosendo) o lugar de refoxos cunha capela e varias aldeas.
Durante os séculos XII e XIII é coñecida como Couto de Riba de Miño, tal e como confirma Afonso VII en 1145. A comezos do século XIV xa reibía o nome de Coto da Vestiaria, aludindo o seu nome ó destino das rentas do Couto, a vestimenta dos monxes.
O mosteiro de Celanova tivo problemas para manter o dominio da zona xa desde a baixa Idade Media ata o século XVII, co concello de Milmanda, os casteleiros de Sande e Santa Cruz, a nobreza baixomedieval e os labregos do Coto.
.
En 1218 o rei Afonso IX nomea a Pedro Milite de zaparín casteleiro de Sande(Cartelle) e santa cruz(quintela de leirado) entrando en conflicto co abade de celanova polos límites dos territorios respectivos nos que cobraban rendas, tralo preito o rei prohibe ó casteleiro entrar nos coutos do mosteiro próximos ó castelo.
En 1467 o rei Enrique IV escoita queixas sobre “La Bestiaria les tobo entrado et tomado et ocupado por fuerza e contra su voluntad don Alfonso Pimentel , conde que fue de Benavente, e despues de su fin gelo tiene don Juan Pimentel, su hijo”o rei ordea ós irmandiños que llela fagan devolver ó mosteiro de Celanova.
En 1489, Don álvaro de Soutomaior conde de camiña, e o Mosteiro de Celanova fan un pacto polo cal o señor laico recibe 3000 pares de blancas cada ano e o Mosteiro leva as rendas da barca , tras un preito e varias violencias de servos dfe ambos señores(o preito viña movido por que o lugar onde tamén desembarcaba a barca era Filgueira e pertencía á casa de Fornelos).

En 1673 o renóvase a renta de 66 foros(ordeado desde Valladolid)subindo a súa renta, producíndose tumultos(os cronistas do mosteiro de Celanova falan de que os veciños tentaron asasinar ó monxe cobrador e prenderle lume ó priorado) e un preito que duraría 15 anos.

Ó igual que en Bande a vestiaria tivo concello propio pero sen ser tan belixerante frente ós seus señores.O territorio do Coto da Vestiara cubría tanto montaña onde pastaba o gando como as terrazas vitivinícolas e o río Miño, do cal se podían sacar peixe e as rentas da barca de Filgueira(único punto de paso desde a Guarda ata Barbantes, sendo Ourense a única poboación con ponte).
Coa Desamortización de mendizábal(para paliá-la crise da facenda nacional) desaperecen os dominios do mosteiro e co réxime constitucional fórmase o municipio actual de Cortegada en 1835, eso si, desde 1835 ata 1965 o concello de Cortegada estivo encadrado no partido xudicial de...celanova.

No hay comentarios:

Publicar un comentario