miércoles, 21 de diciembre de 2011

Un boticario do século XIX en Cortegada,Ourense.



A principios do século XXI o concello de Cortegada montou unha exposición fotográfica con fotos vellas, entre fotos de futbolistas e clons de Jackie Kennedy atopábase a dun señor con chistera ao lado dun libro raído, o ghicho en principio semellábase a Manuel Murguía pero un cartelito decía ben claro que se trataba de Jose Ojea Otero, deputado ó parlamento da Iª República Española, e manda truco! Érache de Cortegada!

Non se semellaba a Murguía, senón que foi amigo del, buscando outras cousas atopei que ata Otero Pedrayo falaba del na súa guía de Galicia dos anos 60, pero Quen era este pavo?

Un rapaz fillo dun boticario que ó ir estudar a Compostela entra en contacto como moitos outros con outros mozos que, coma él, queren cambiar as cousas; así nace un político de ideoloxía republicana federal ó que lle acae ben unha España formada por varios estados unidos e non unha España gobernada por e desde Madrid.Ou sexa que de vivir en tempos de Franco o fusilarían e se vivise en tempos de Fraga o “esquecerian”.


Aínda que este tipo de políticos nesa época tiñan fama de masóns, él non aparece no listado de ningunha loxia, nin nas loxias de Ribadavia e celanova contemporáneas a él(“la masonería gallega en el siglo XIX” de E. J. Valín) pero sí algúns dos seus amigos, como Curros Enríquez, a quen lle escribe o prólogo do seu libro “Aires da miña terra” (daquela Cortegada pertencía ao partido judicial de Celanova e non ao de Ribadavia coma hoxe).

Se ve que no pasado non habia televisión e para non aburrirse tiñan varios entretementos, mentres él se adicaba á política progresista (frente a un goberno monárquico manexado cada dous por tres por algún militar) os seus veciños ían tomra os baños a Cortegada, ligar á misa, facer botellón diurno en calquera casa ou liarse a paos cos da aldea veciña nas festas patronais; pero temén traballar de sol a sol sen vacacións pagadas, sen o tope das 8 horas, soportar os impostos do goberno ( e si lle caias mal ao cacique che subía o IRPF) e da Igrexa (dezmos e primicias) e os do marquesito de turno (que por un documento de trescentos anos atrás, o foro, lle tiñas que pagar 700 litros de viño Ribeiro, dez galiñas de Coren, 400 kilos de cereais special kellog´s e outros tantos de centeo.Todo isto por cultivar un terreo do tal duque ou marqués) a iso debía sumrse ó soborno ao cacique para que non fose o fillo ó servicio militar ( e morrer en Cuba contra os nacionalistas cubanos).

Jose ojea, aínda lembrado polos vellos como “Don Pepito”, un revolucionario na aldea, non vivía da literatura ou de subvencións senón dun emprego mítico do século XIX, o de boticario, herdado de seu pai; polo que puido ir á universidade a estudar farmacia, onde contactou con intelectuais como Murguía e Tettamancy, e como bo boticario tiña unha trastenda onde montar tertulias ( de moitos lugares así daquela saían conxuras políticas como a do seu veciño de Ribadavia, Eduardo Chao).

Daquela Galicia xa fora dividida en catro provincias desunidas, onde Madrid enviaba un gobernador político e outro militar, polo cal se controlaba cada provincia sen ter en conta o conxunto, e Pepe Ojea métese nun partido e ós 21 anos consegue ser diputado na Diputación de Ourense ( dal cal se negou a cobrar o seu soldo correspondente), estando nesas unha revolta en 1868 tumba ó goberno da monarquía e ábrese un Proceso Revolucionario en Curso, no cal non sabemos que papel tivo o noso heroe, pero si que en 1873 consegue ser deputado en Madrid(onde acudiu ó lado dos seus compañeiros Paz Novoa e Vázquez Moreiro ) polo partido republicano federal e xurde a Iª República Española.

Os ideais de Ojea e os seus semellan triunfar pero todo vóltase na súa contra en en 1874 un garda civil entra no Parlamento (igual que en 1981) e disólvese a República e desta vez o noso boticario fuxiría a Portugal perseguido polo novo réxime.

Voltaria anos mais tarde, tal vez por algunha amnistía, non se sabe en qué lugar estivo nin o que pasou polo seu caletre, pero desta vez non volta á política, pero sí a Cortegada onde se casa en 1879 con Sofía Domínguez.

A súa obra literaria está toda en castelán, a pesar da súa ideoloxía “nacionalista”, aínda daquela o galego só se usaba para escribir poesía e incluso Manuel Murguía escribiría a súa “Historia de Galicia” en castelán, e ler hoxe a prosa dste boticario resulta farragoso, pero dela extráese como imaxes de holograma, esceas daquela época: a corrupción dos funcionarios do concello, o clero manipulando ó labrego, a éste traballando sen descanso e pagándolle a vida padre aos demais…a sú obra nace do folclore pasando polo naturalismo mezclado con imaxes neoclásicas, deixando ver o entramado socioeconómico e psicolóxico das persoas de Cortegada; como Canedo comenta que certo empresario de transportes en mula da aldea da Barca (hoxe deshabitada) di que ten ó próximo alcalde na corte(o que ven indicando quen era o cacique dos arredores), como o alcalde e o secretario reparten as cantidades que deben pagar os veciños ó Estado Español según lles caian ben ou mal e como un labrego acomodado e obsesionado con ser “señor de cuchillo y horca” consegue que o gobernador o faga alcalde e cometer todo tipo de inxustizas, creando pola súa mala xestión unha banda de ladróns de ideoloxía ultraconservadora (a banda carlista do Aparicio) ata que asesinan ó cabecilla nun cruce do camiño de Refoxón en Louredo.

Pepe Ojea morreu en 1900,según di a web do congreso español dos diputados, pero no 31º Boletín da Real academia Galega manuel Murguía escribe:”Acaba de morir aquel queridísimo amigo cuyo sincero afecto nos mantuvo estrechamente unidos durante más de cuarenta años…”referíndose a Jose Ojea(escrito Ogea) no ano 1909; evidentemente Murguía non escribiría semellante nota necrolóxica nove anos despois do paramento do seu amigo Non? O que si sabemos é que foi un precursor no político e no social, como bo boticario do XIX, e como moi ben murguía dixo:”Que de tu pérdida no podremos consolarnos, ni los que hemos sido tus amigos, ni esta Galicia que tanto amaste, y si es agradecida, no sabrá olvidarte jamás.”

PRODUCCIÓN LITERARIA:

- Prólogo da 1ª edición de “Aires da Miña Terra” do seu amigo Curros

Enríquez(cortegada,1890)

- La visión dantesca (Vigo, 1882)

- Célticos, cuentos y leyendas de Galicia (Vigo 1883) con prólogo de Murguía.

- El mundo rural (Ourense 1890)

- Regalo de la vida (La Habana 1895) novela curta para insertar no semanario “Tierra

Gallega” dirixida en Cuba por Curros Enríquez.

- Gentes sencillas (La Habana 1906) novela publicada no xornal galego “En Marcha”.

- Traducce “Leyendas de la Reina” de Lord Alfred Tennyson.

Amigos famosos seus foron (Paz Novoa, Vázquez moreiro, Curros Enríquez, Serafín Temes,,Sieiro …) representantes do republicanismo reformista (Paz Novoa foi autor da lei de Redención de foros de agosto de 1873) e dos integrantes da “Cova Céltica” (aparece nunha fotografía con Curros Enríquez, Murguía, Eugenio Carré Aldao, Florencio Vaamonde, Francisco tettamancy, Elodio Rodríguez González e Andrés martínez Salazar. Fotografados na Coruña en 1904). Murguía prologoulle o seu libro “Célticos” e Ojea prologou o libro de Curros Enríquez “Aires da miña terra”.