lunes, 7 de mayo de 2012
OS CENTINELAS DO ARNOIA.
lunes, 16 de abril de 2012
O COTO DE LOUREDO (TOÉN)
O coto de Louredo é un pequeño territorio ourensán situado ao pé do monte Louredo(437 mts.) no actual concello de Toén.
O monte xa estivo habitado nos séculos II-I A. de C. para logo despoboarse esparexéndose a población nos veciños lugares de Santa Uxía,Freixendo.. Aló arriba atopouse un castro, a posterior romanización deixou un santuario a Xúpiter(como en moitos montes galegos como o Coto Novelle) e Diana para logo na Alta Idade media ocupar o lugar un castelo que sería doado polo rei Afonso VII o día 13 de Maio de 1133 ó bispo de Ourense.
Ese castelo de Louredo non só era un lugar de defensa militar, senón tamén centro administrativo do “Coto de Louredo”, pequeño terreo de 7,5 km. No seu eixo Este-Oeste e 8 km. no eixo Norte-Sur, que o monarca galego-leonés Afonso VII(1126-1157) regala ó bispo de Ourense; ó cal un mes antes lle fixera tamén doazón doutros terreos veciños na súa política de atraerse a fidelidade das principias forzas do sur ourensán para contrarrestar a mesma política de atracción de señores feudais por parte da primeira raíña de Portugal,Dona Tareixa(tía súa), que procurava facer medrar seu condado-reino cara o norte facéndose cos territorios de Tui e da limia.
Os límies deste coto de Louredo no estaban moi claros( isto fixo que durante sécalos se entablasen pleitos con outros señores) pero a través dos pergameos podémonos aproximar aos seus lindes daquela, que serían seguindo a liña do Río Miño ata Puga(Toén) e desde alí continúa cara Sabucedo de Montes, aldea que servía de límite coas posesións do mosteiro de Celanova (o outro grande terrateniente ourensán xunto á catedral auriense) ata chegar a Pousafoles, que lindaba co “Vilar de Paio Muñiz”.
As doazóns de Afonso VII á mitra ourensán supuxeron un incremento de cinco veces máis do que xa tiñan o bispo de Ourense, esa privatización dos poderes públicos a favor dos señores feudais laicos e eclesiásticos non supoña unha merma importante nas rendas do monarca, que estaba máis ocupado na Reconquista de terras máis fértiles da Península Ibérica e a súa burocracia era feble demais para soportar o esforzo militar na Sur e antender á vez a administrar directamente territorios no Norte ao tempo que tenta conservar as terras frente ao nacente reino portugués(gobernado por parentes seus).
Descoñécese a data de edificación do castelo de Louredo e as súas características, a data máis antiga coñecida corresponde á do ano 952. nese ano un pequeño señor feudal;Favila, doa a San Rosendo e o seu novo mosteiro de Celanova varias aldeas e homes, e el retírase ao mosteiro familiar que fundara seu fillo Egas, o mosteiro de San Vicente de Louredo “situado baixo o castelo de Louredo”.Un castelo do que apenas fican restos, todo esmorralado xunto ós escombros castrexos, debeu trtarse dunha pequena fortaleza a basedunha torre pequena de non moita altura coa súa cerca, tal vez aproveitando as murallas do anterior castro, vixiando sobre o Miño, non fose ser que os Vikingos que daquela asolaban toda a costa atlántica fosen entrar deica Ourense.
lunes, 16 de enero de 2012
Couto ou Xulgado da Vestiaria(refoxos).

Trátase da vella denominación dun territorio que hoxe comprende as parroquias de San Bieito do Rabiño,Zaparín (S.Martiño) Refoxos (S.Bréximo) Cortegada (Sta.María).
De orixe altomedieval, aparece por primeira vez nun foro do século X (según nos conta FR.Benito de la Cueva no seu tratado do ano 1632:” Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova.”)cando unha muller,Guldregoda doa ó mosteiro de Celanova e a Rosendo Guterres(futuro San Rosendo) o lugar de refoxos cunha capela e varias aldeas.
Durante os séculos XII e XIII é coñecida como Couto de Riba de Miño, tal e como confirma Afonso VII en 1145. A comezos do século XIV xa reibía o nome de Coto da Vestiaria, aludindo o seu nome ó destino das rentas do Couto, a vestimenta dos monxes.
O mosteiro de Celanova tivo problemas para manter o dominio da zona xa desde a baixa Idade Media ata o século XVII, co concello de Milmanda, os casteleiros de Sande e Santa Cruz, a nobreza baixomedieval e os labregos do Coto.
.
En 1218 o rei Afonso IX nomea a Pedro Milite de zaparín casteleiro de Sande(Cartelle) e santa cruz(quintela de leirado) entrando en conflicto co abade de celanova polos límites dos territorios respectivos nos que cobraban rendas, tralo preito o rei prohibe ó casteleiro entrar nos coutos do mosteiro próximos ó castelo.
En 1467 o rei Enrique IV escoita queixas sobre “La Bestiaria les tobo entrado et tomado et ocupado por fuerza e contra su voluntad don Alfonso Pimentel , conde que fue de Benavente, e despues de su fin gelo tiene don Juan Pimentel, su hijo”o rei ordea ós irmandiños que llela fagan devolver ó mosteiro de Celanova.
En 1489, Don álvaro de Soutomaior conde de camiña, e o Mosteiro de Celanova fan un pacto polo cal o señor laico recibe 3000 pares de blancas cada ano e o Mosteiro leva as rendas da barca , tras un preito e varias violencias de servos dfe ambos señores(o preito viña movido por que o lugar onde tamén desembarcaba a barca era Filgueira e pertencía á casa de Fornelos).
En 1673 o renóvase a renta de 66 foros(ordeado desde Valladolid)subindo a súa renta, producíndose tumultos(os cronistas do mosteiro de Celanova falan de que os veciños tentaron asasinar ó monxe cobrador e prenderle lume ó priorado) e un preito que duraría 15 anos.
Ó igual que en Bande a vestiaria tivo concello propio pero sen ser tan belixerante frente ós seus señores.O territorio do Coto da Vestiara cubría tanto montaña onde pastaba o gando como as terrazas vitivinícolas e o río Miño, do cal se podían sacar peixe e as rentas da barca de Filgueira(único punto de paso desde a Guarda ata Barbantes, sendo Ourense a única poboación con ponte).
Coa Desamortización de mendizábal(para paliá-la crise da facenda nacional) desaperecen os dominios do mosteiro e co réxime constitucional fórmase o municipio actual de Cortegada en 1835, eso si, desde 1835 ata 1965 o concello de Cortegada estivo encadrado no partido xudicial de...celanova.
Mateo Guillade,xefe carlista do sur da Galiza.
Mateo Guillade, militar e político galego do século XIX.
Durante a Iª guerra carlista(1833- 1840), os carlistas tentaron organizar en Galicia un auténtico exército, pero non deron pasado máis aló de bandas paramilitares sen coordinación.
Mateo Guillade consegue fama entre os anos 1837-1838, grazas á súa
estratexia de invadir vilas importantes durante unhas horas e logo fuxir co que
roubaron; estas tácticas lle permiten sobrevivir ante a política
vacilante do aquel entón Capitán Xeneral de Galicia.En Xullo Guillade volta atacar o Miño, pero é atacado por D Alejandro Marquina ó mando da columna de Ponteareas matándolle oito homes(entre eles un crego ourensán)e os facciosos fuxen a Portugal, onde reaviva forzas e ánimos e volta á liña do Miño por Cartelle sendo batidos en Paradela polo rexemento de Monterrei.Ao mes seguinte, estando en Picouto(Ramirás) a columna de Refoxos(acuartelada no vello priorato)bate contra del;o día 29 ao mando de 100 soldados e 20 cabalos atacan Beade, sendo expulsados polas milicia nacional de Cenlle e Ribadavia ó mando do xuíz de Ribadavia.
En 1838.Guillade toma Tui co obxectivo de conseguir o prestixio necesario pra conseguir o nomeamento de xefe supremo carlista.
Na madrugada do 2 de Abril de 1838, Guillade entra en Tui, sabendo que estaría case sen protección, disfraza ós seus homes de soldados isabelinos e conseguen invadir Tui con 130 homes contra 50 soldados do rexemento de Monterrei(Verín); os carlistas entran na vila e tentan tomar o edificio da tesourería, pero chegan os portugueses do rexe3mento de Cazadores de Porto de guarnición en Valença, entre todos fan fuxir ós carlistas, pero éstos regresan en canto ven que o rexemento portugués se retira, avanzan pola Corredoira cara a casa do alcalde liberal a tiro limpo pero ó non atopalo capturan á súa muller e lévana ante a catedral pra fusilala, tivo sorte que o bispo de Tui saíu na súa defensa e logo consegiu que os carlistas non lle prenderan lume a parte da vila desde onde os atacaban, retirándose cara Ponteareas e logo cara a serra do Suído fuxino ds tropas liberais.
miércoles, 21 de diciembre de 2011
Un boticario do século XIX en Cortegada,Ourense.

A principios do século XXI o concello de Cortegada montou unha exposición fotográfica con fotos vellas, entre fotos de futbolistas e clons de Jackie Kennedy atopábase a dun señor con chistera ao lado dun libro raído, o ghicho en principio semellábase a Manuel Murguía pero un cartelito decía ben claro que se trataba de Jose Ojea Otero, deputado ó parlamento da Iª República Española, e manda truco! Érache de Cortegada!
Non se semellaba a Murguía, senón que foi amigo del, buscando outras cousas atopei que ata Otero Pedrayo falaba del na súa guía de Galicia dos anos 60, pero Quen era este pavo?
Un rapaz fillo dun boticario que ó ir estudar a Compostela entra en contacto como moitos outros con outros mozos que, coma él, queren cambiar as cousas; así nace un político de ideoloxía republicana federal ó que lle acae ben unha España formada por varios estados unidos e non unha España gobernada por e desde Madrid.Ou sexa que de vivir en tempos de Franco o fusilarían e se vivise en tempos de Fraga o “esquecerian”.
Aínda que este tipo de políticos nesa época tiñan fama de masóns, él non aparece no listado de ningunha loxia, nin nas loxias de Ribadavia e celanova contemporáneas a él(“la masonería gallega en el siglo XIX” de E. J. Valín) pero sí algúns dos seus amigos, como Curros Enríquez, a quen lle escribe o prólogo do seu libro “Aires da miña terra” (daquela Cortegada pertencía ao partido judicial de Celanova e non ao de Ribadavia coma hoxe).
Se ve que no pasado non habia televisión e para non aburrirse tiñan varios entretementos, mentres él se adicaba á política progresista (frente a un goberno monárquico manexado cada dous por tres por algún militar) os seus veciños ían tomra os baños a Cortegada, ligar á misa, facer botellón diurno en calquera casa ou liarse a paos cos da aldea veciña nas festas patronais; pero temén traballar de sol a sol sen vacacións pagadas, sen o tope das 8 horas, soportar os impostos do goberno ( e si lle caias mal ao cacique che subía o IRPF) e da Igrexa (dezmos e primicias) e os do marquesito de turno (que por un documento de trescentos anos atrás, o foro, lle tiñas que pagar 700 litros de viño Ribeiro, dez galiñas de Coren, 400 kilos de cereais special kellog´s e outros tantos de centeo.Todo isto por cultivar un terreo do tal duque ou marqués) a iso debía sumrse ó soborno ao cacique para que non fose o fillo ó servicio militar ( e morrer en Cuba contra os nacionalistas cubanos).
Jose ojea, aínda lembrado polos vellos como “Don Pepito”, un revolucionario na aldea, non vivía da literatura ou de subvencións senón dun emprego mítico do século XIX, o de boticario, herdado de seu pai; polo que puido ir á universidade a estudar farmacia, onde contactou con intelectuais como Murguía e Tettamancy, e como bo boticario tiña unha trastenda onde montar tertulias ( de moitos lugares así daquela saían conxuras políticas como a do seu veciño de Ribadavia, Eduardo Chao).
Daquela Galicia xa fora dividida en catro provincias desunidas, onde Madrid enviaba un gobernador político e outro militar, polo cal se controlaba cada provincia sen ter en conta o conxunto, e Pepe Ojea métese nun partido e ós 21 anos consegue ser diputado na Diputación de Ourense ( dal cal se negou a cobrar o seu soldo correspondente), estando nesas unha revolta en 1868 tumba ó goberno da monarquía e ábrese un Proceso Revolucionario en Curso, no cal non sabemos que papel tivo o noso heroe, pero si que en 1873 consegue ser deputado en Madrid(onde acudiu ó lado dos seus compañeiros Paz Novoa e Vázquez Moreiro ) polo partido republicano federal e xurde a Iª República Española.
Os ideais de Ojea e os seus semellan triunfar pero todo vóltase na súa contra en en 1874 un garda civil entra no Parlamento (igual que en 1981) e disólvese a República e desta vez o noso boticario fuxiría a Portugal perseguido polo novo réxime.
Voltaria anos mais tarde, tal vez por algunha amnistía, non se sabe en qué lugar estivo nin o que pasou polo seu caletre, pero desta vez non volta á política, pero sí a Cortegada onde se casa en 1879 con Sofía Domínguez.
A súa obra literaria está toda en castelán, a pesar da súa ideoloxía “nacionalista”, aínda daquela o galego só se usaba para escribir poesía e incluso Manuel Murguía escribiría a súa “Historia de Galicia” en castelán, e ler hoxe a prosa dste boticario resulta farragoso, pero dela extráese como imaxes de holograma, esceas daquela época: a corrupción dos funcionarios do concello, o clero manipulando ó labrego, a éste traballando sen descanso e pagándolle a vida padre aos demais…a sú obra nace do folclore pasando polo naturalismo mezclado con imaxes neoclásicas, deixando ver o entramado socioeconómico e psicolóxico das persoas de Cortegada; como Canedo comenta que certo empresario de transportes en mula da aldea da Barca (hoxe deshabitada) di que ten ó próximo alcalde na corte(o que ven indicando quen era o cacique dos arredores), como o alcalde e o secretario reparten as cantidades que deben pagar os veciños ó Estado Español según lles caian ben ou mal e como un labrego acomodado e obsesionado con ser “señor de cuchillo y horca” consegue que o gobernador o faga alcalde e cometer todo tipo de inxustizas, creando pola súa mala xestión unha banda de ladróns de ideoloxía ultraconservadora (a banda carlista do Aparicio) ata que asesinan ó cabecilla nun cruce do camiño de Refoxón en Louredo.
Pepe Ojea morreu en 1900,según di a web do congreso español dos diputados, pero no 31º Boletín da Real academia Galega manuel Murguía escribe:”Acaba de morir aquel queridísimo amigo cuyo sincero afecto nos mantuvo estrechamente unidos durante más de cuarenta años…”referíndose a Jose Ojea(escrito Ogea) no ano 1909; evidentemente Murguía non escribiría semellante nota necrolóxica nove anos despois do paramento do seu amigo Non? O que si sabemos é que foi un precursor no político e no social, como bo boticario do XIX, e como moi ben murguía dixo:”Que de tu pérdida no podremos consolarnos, ni los que hemos sido tus amigos, ni esta Galicia que tanto amaste, y si es agradecida, no sabrá olvidarte jamás.”
PRODUCCIÓN LITERARIA:
- Prólogo da 1ª edición de “Aires da Miña Terra” do seu amigo Curros
Enríquez(cortegada,1890)
- La visión dantesca (Vigo, 1882)
- Célticos, cuentos y leyendas de Galicia (Vigo 1883) con prólogo de Murguía.
- El mundo rural (Ourense 1890)
- Regalo de la vida (La Habana 1895) novela curta para insertar no semanario “Tierra
Gallega” dirixida en Cuba por Curros Enríquez.
- Gentes sencillas (La Habana 1906) novela publicada no xornal galego “En Marcha”.
- Traducce “Leyendas de la Reina” de Lord Alfred Tennyson.
Amigos famosos seus foron (Paz Novoa, Vázquez moreiro, Curros Enríquez, Serafín Temes,,Sieiro …) representantes do republicanismo reformista (Paz Novoa foi autor da lei de Redención de foros de agosto de 1873) e dos integrantes da “Cova Céltica” (aparece nunha fotografía con Curros Enríquez, Murguía, Eugenio Carré Aldao, Florencio Vaamonde, Francisco tettamancy, Elodio Rodríguez González e Andrés martínez Salazar. Fotografados na Coruña en 1904). Murguía prologoulle o seu libro “Célticos” e Ojea prologou o libro de Curros Enríquez “Aires da miña terra”.
viernes, 22 de julio de 2011
o Comezo dunha aldea.Louredo
A teoría altomedieval débese desbotar debido a que o Louredo que aparece no tombo de Celanova refírese ó monte Louredo sito no concello de Toén( a 2 km.s de Ourense,un castro romanizado que se converteu en castelo e que Alfonso VII doou ó bispo de ourense,o chamado coto de Louredo,polo cal o cabaleiro Fáfila era de Toén,e as Vilas que tamén doa son veciñas súas,fornelos,cesures,alongos,untis,corialelia…) trespecto a iso José Telle está trabucado xa que cría que o Louredo ó que se referia o tombo era o noso,erro que tomou seguramente do P. Avila y la cueva que facía estar ese Louredo no Louredo de Cortegada,xa que o Louredo de Toén xa non existía só como topónimo “san Vicente” (o Monteiro altomedival era de san Vicente).
Cabe aínda a posibilidade de que as pedras que sustentaban a espadaña da capela de Louredo sexan aras romanas anepígrafas (sen texto conservado) ou polo menos a súa morfoloxía así o fai sospeitar. Ao igual que a ara romana de Pías (escuadro,MAceda) a cal aparece una espadaña da capela sen apenas molduras pero cun texto pequeño,e xa no seu interior unha ara completa coas molduras pero sen texto e de forma moi similar ás pedras de espadaña de Louredo.
Respecto da toponimia da aldea pódese observar tres topónimos que se diferencian dos demais(Louredo, a Torre,os veciños e O pazo) o resto son topónimos de tipo xeográifco(o outeiro,outeiriño,a touza,lamas,o campo…). Louredo atópase nun lugar soleado portexido do vento do Norte e na ladeira da segunda elevación mías alta do lugar ( o 1º é chairalonga pero está batida polo Norte) logo aparece A torre, topónimo bélico que se atopa xusto enfrente dos “Veciños”, como dominándoos, e logo nun lugar case marxinal respecto da poboación, o pazo.



